A cetirizina, vendida baixo a marca Zyrtec e outras, é un fármaco antihistamínico usado para tratar alerxias. tómase por vía oral. Comeza a funcionar nunha hora e dura aproximadamente un día.
Funcionamento Funciona igual que outros antihistamínicos como a difenhidramina. Funciona bloqueando a histamina nos receptores H1, principalmente fóra do cerebro. A cetirizina actúa rapidamente, en menos dunha hora, e a súa acción prolongada permite unha toma diaria. O inicio da actividade do principio activo, após unha dose única de 10 mg, ocorre dentro de 20 minutos no 50% dos individuos e dentro de 1 hora no 95% dos individuos. Así mesmo, esta actividade persiste, polo menos, 24 horas despois dunha única administración.
Efectos secundarios Os efectos secundarios comúns son leves, entre eles a boca seca, dor de cabeza, dor abdominal e somnolencia. Porén, aínda que depende da sensibilidade de cada persoa, a somnolencia causada pola cetirizina é menor que nos antihistamínicos de primeira xeración, polo xeral. As mulleres embarazadas poden usala, pero non as mulleres que están aleitando. (Véxase Categorías farmacolóxicas no embarazo e Categorías de risco en lactación).
Historia Foi patentado en 1981, e utilizouse por primeira vez en 1987.Patente estadounidense: US patent 4525358, Baltes E, De Lannoy J, Rodriguez L, "2-[4-(Diphenylmethyl)-1-piperazinyl]-acetic acids and their amides", emitido o 25 de xuño de 1985, asignado a UCB Pharmaceuticals, Inc. Está na Lista de Medicamentos Esenciais da Organización Mundial da Saúde. Está dispoñíbel como un medicamento xenérico. Foi o 67º medicamento máis prescrito nos Estados Unidos en 2019, con máis de 11millóns de receitas.
Notas
Categoría:Organoclorados Categoría:Ácidos carboxílicos