Xoán Xosé Pérez Labaca, nado en Mondariz en 1942 e finado en Ponteareas o 25 de abril de 2014, foi un mestre, político e escritor galego.
Traxectoria
Mestre de EXB, instructor de Educación Física e especialista en lingua galega. Foi director do colexio público número 2 de Ponteareas. Vicesetretario,La Voz de Galicia, 10-11-1991, p. 29. e despois xecretario xeral de Coalición Galega.La Voz de Galicia, Lugo, 30-9-1993, p. 43. Foi candidato de Converxencia Nacionalista Galega á alcaldía de Ponteareas nas eleccións municipais de 1991,La Voz de Galicia, Vigo, 4-5-1991, p. 33. e foi elixido concelleiro. Como historiador dedicóuse a investigar sobre Ponteareas e Mondariz. Publicou varios libros e colaborou en medios de comunicación escritos e radiofónicos.
Obras Anacos de cousas celtas, 2008. Ponteareas da "ialma", 2011. Aqueles oficios de preto da raia, 2012. O túnel do Barroso, 2013. Os nove tesouros do Condado e A Paradanta, 2014.
Recoñecementos En marzo de 2015 foi nomeado fillo adoptivo de Ponteareas a título póstumo.Labaca 'Hijo Adoptivo de Ponteareas? a título póstumo
A Biblioteca Pública de Mondariz leva o seu nome.Biblioteca Pública Municipal de Mondariz Xoán Xosé Pérez Labaca Vida persoal
Casou con Magdalena Diz Sotelino e foi pai de Marola, Malena, Xan e Trini Pérez-Labaca Diz. Notas
Véxase tamén Outros artigos
Eleccións municipais en Ponteareas
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Políticos de Coalición Galega Categoría:Concelleiros de Ponteareas Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Mondariz Categoría:Nados en 1942
Categoría:Finados en 2014