As eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024 celebráronse o 18 de febreiro de 2024 para elixir os 75 membros da 12ª lexislatura do Parlamento da comunidade autónoma de Galicia.

O partido no goberno, o Partido Popular de Galicia de Alfonso Rueda mantivo o seu dominio respecto das eleccións anteriores, aínda que perdeu dous escanos en relación ás eleccións de 2020. O Bloque Nacionalista Galego (BNG) mantívose no segundo posto e sumou 6 escanos máis dos 19 que xa tiña, o cal o situou no seu mellor resultado histórico. O Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG–PSOE) mantívose no terceiro posto, perdendo 5 escanos e colleitando o seu peor resultado histórico. O partido localista Democracia Ourensana conseguiu entrar no Parlamento cun escano pola circunscrición electoral de Ourense. O apoio aos partidos de Podemos Galicia e Sumar Galicia, que se presentaron ás eleccións por separado, caeu de forma significativa, sen conseguir ningún deles superar o limiar electoral. O partido de extrema dereita Vox tampouco acadou ningún representante.

Visión xeral miniatura|Logo das eleccións nas páxinas da Xunta de Galicia. Movementos previos á convocatoria electoral En maio de 2022, Alfonso Rueda accedeu á presidencia da Xunta trala renuncia de Alberto Núñez Feijóo, elixido presidente do Partido Popular o mes anterior. Se ben aínda restaban máis de dous anos de lexislatura, desde o inicio do seu mandato especulouse coa posibilidade dun adianto electoral. Cando se coñeceu a convocatoria de eleccións xerais anticipadas para o 23 de xullo de 2023, rumoreouse que unha vitoria do PP podería dar lugar á convocatoria de eleccións galegas en outono.

Aínda que o PP foi o partido máis votado nesa convocatoria, Feijoo foi incapaz de formar goberno. Deste xeito arrefriou a posibilidade dunhas eleccións galegas inminentes. Con todo, diferentes iniciativas lanzadas polo PPdeG co reinicio do curso político en setembro, como “Galicia non para”, evidenciaron que Rueda buscaría o referendo das urnas antes do remate da lexislatura.

Nese mesmo outono o resto de partidos activaron a maquinaria electoral, presentando as súas cabezas de lista. O BNG referendou a Ana Pontón como candidata pola práctica unanimidade da militancia. O PSdeG non tivo que celebrar primarias ao non se presentaren candidatos alternativos a Xosé Ramón G. Besteiro. Democracia Orensana anunciou que concorrería por Ourense con Armando Ojea como líder. Sumar e Vox anunciaron que tamén se presentarían, sen precisar a cabeza de lista. Finalmente, o 21 de decembro, Rueda anunciou a disolución do parlamento e a convocatoria de eleccións.

Precampaña Os primeiros compases de precampaña estiveron marcados pola presentación, o 27 de decembro, da candidatura de Sumar, encabezada por Marta Lois. A cúpula galega de Podemos asinou con Sumar Galicia un acordo para que ambas formacións concorresen ás eleccións en coalición. Nunha consulta telemática de carácter vinculante realizada xusto despois, máis do 60% dos participantes rexeitaron o acordo. Podemos acabaría por presentar a súa propia lista en coalición con Recortes Cero.

Xa entrado o mes de xaneiro o foco da campaña volveuse sobre un desastre medioambiental, a vertedura de granulado de plástico na costa galega. O 8 de decembro un barco que navegaba á altura de Viana do Castelo perdeu varios contedores cargados con sacos de microplásticos. Os sacos, en moitas ocasións rotos e derramando a carga, comezaron a chegar á costa galega a mediados de decembro, pero non foi até finais de mes que os efectos da vertedura comezaron a ser evidentes en moitas praias galegas e asturianas.

A Xunta foi criticada por banalizar a importancia da vertedura cando aínda non dispuña dun informe sobre a súa toxicidade. Denunciouse opacidade informativa na CRTVG e nos medios privados, así como as explicacións contraditorias sobre o momento en que se recibira na Xunta o aviso do goberno central sobre o sucedido. Así mesmo, foi notoria a lentitude da Xunta en despregar cuadrillas para o control e retirada da vertedura, mentres xa se creaban grupos de voluntarios que interviñan nas praias.

Nos días seguintes as correntes mariñas acabaron por afastar o groso da vertedura das costas galegas, polo que a crise foi perdendo forza, polo menos desde o punto de vista electoral. Aínda así, deu lugar a que o PPdeG acusase ao BNG de intoxicar as redes sociais con informacións e contas falsas e a unha manifestación moi concorrida en defensa do mar o domingo 21 de xaneiro.

Outra das novas relevantes da segunda semana de xaneiro foi o anuncio de que Lara Méndez deixaría a alcaldía de Lugo para acompañar a Besteiro como número dous por Lugo. O 10 de xaneiro, Vox fixo pública a candidatura de Álvaro Díaz-Mella, ao tempo que confirmaba que presentaría listaxes en todas as provincias. Así mesmo, o domingo 14 de xaneiro, Anova e o BNG asinaron un acordo polo que o primeiro dos partidos chamaba a concentrar o voto no Bloque e se comprometía a participar na súa campaña. Ademais, anunciaba o principio “dun proceso de colaboración (...) destinado a redimensionar nos vindeiros anos o soberanismo galego”. O acordo resultaba tanto máis significativo se temos en conta que a mediados de decembro, Anova rexeitara participar na coalición impulsada por Sumar e Martiño Noriega, líder da formación, desbotase presentarse como o seu candidato á presidencia.

Calendario electoral Aquí se mostra o calendario electoral para as eleccións do domingo 18 de febreiro de 2024:

21 de decembro: Alfonso Rueda fai público o seu desexo de convocar eleccións. 26 de decembro: Publicación no DOG do Decreto de disolución do Parlamento de Galicia e de convocatoria de eleccións. 27 de decembro a 5 de xaneiro: Prazo para a comunicación á Xunta Electoral da creación de coalicións electorais. 10 a 15 de xaneiro: Prazo para a presentación de candidaturas ante as Xuntas Electorais. 17 de xaneiro: Publicación no DOG das candidaturas presentadas. 22 de xaneiro: Proclamación de candidaturas. 23 de xaneiro: Publicación no DOG das candidaturas proclamadas. 20 a 24 de xaneiro: Prazo de sorteo para a designación de membros das mesas electorais. 21 a 27 de xaneiro: Prazo de notificación das designacións e entrega de manual a membros das mesas electorais. 26 de xaneiro a 8 de febreiro: Prazo de solicitude do voto por correo. 29 de xaneiro a 11 de febreiro: Envío ao elector da documentación necesaria para o voto por correo. 29 de xaneiro a 14 de febreiro: Prazo para o depósito, por parte do elector, do voto por correo. 2 a 16 de febreiro: Campaña electoral. 13 a 17 de febreiro: Prohibición de publicación, difusión ou reprodución de sondaxes electorais. 17 de febreiro: Xornada de reflexión 18 de febreiro: Xornada de votación

Sistema electoral O Parlamento de Galicia é a institución lexislativa unicameral devolta á comunidade autónoma de Galicia. Ten poderes lexislativos en asuntos propios da autonomía definidos de acordo coa Constitución española e o Estatuto de autonomía de Galicia, así como a habilidade de outorgar e retirar a confianza ao presidente da Xunta.

A votación baseouse no sistema de sufraxio universal, que inclúe tódolos cidadáns maiores de 18 anos rexistrados en Galicia e con pleno exercicio dos seus dereitos políticos. Os 75 membros do Parlamento de Galicia foron elixidos empregando o método D'Hondt e unha lista pechada de representación proporcional, cun limiar mínimo do 5% dos votos válidos (incluídos os votos en branco) aplicado en cada circunscrición. Os partidos que non superaron este limiar non se tiveron en conta para a distribución de asentos. O uso do método D'Hondt pode resultar nun limiar efectivo máis alto dependendo do tamaño da circunscrición electoral.

Os asentos asignáronse a distritos electorais, correspondentes ás provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, cada unha con 10 escanos mínimos iniciais e os 35 restantes distribuídos de xeito proporcional ós seus habitantes. Ao igual ca nas anteriores eleccións autonómicas de 2020, nestes comicios á Coruña correspondéronlle 25 escanos; a Lugo e mais a Ourense, 14; e a Pontevedra, 22. centro|106x106pxRepartimento de escanos en Galicia53x53px Galicia

2.693.624 hab.

75 escanos53x53px A Coruñaalt=|51x51px Pontevedra53x53px Lugo53x53px Ourense1.088.386911.704337.734355.80025 escanos22 escanos14 escanos14 escanos

Candidaturas A continuación, móstrase unha lista dos principais partidos e alianzas electorais que concorren ás eleccións, ordenados de maior a menor número de escanos na lexislatura previa á convocatoria de eleccións. CandidaturaCandidato/aIdeoloxía Escanos alt=|45x45px Partido Popular de Galicia alt=|98x98pxAlfonso Rueda (Presidente en funcións) Centrodereita a Dereita42alt=|45x45px Bloque Nacionalista Galegoalt=|97x97pxAna PontónEsquerda 19alt=|45x45px PSdeG-PSOE96x96pxXosé Ramón Gómez BesteiroCentroesquerda14Sen representación parlamentariacentro|senmarco|50x50pxSumar Galiciasenmarco|96x96pxMarta LoisEsquerda0alt=|50x50px Voxsenmarco|88x88pxÁlvaro Díaz-MellaExtrema dereita​0centro|senmarco|50x50pxPodemos Galicia-Alianza Verdesenmarco|91x91pxIsabel FaraldoEsquerda0centro|senmarco|45x45pxDemocracia OurensanaArmando OjeaDereita Partido Animalista co Medio AmbienteManuela García López 0centro|100x100pxEscanos en Branco Diego Troncoso Casal 0centro|50x50pxPor un Mundo Máis Xusto Marina Fernández Delgado 0centro|70x70pxCoalición Espazo Común Galeguista Compromiso por GaliciaEspazo ComúnGalicia SempreCoalición GalegaUnidade Localsenmarco|91x91pxPachi Vázquez0

Listas electorais por provincia

Campaña electoral A campaña electoral comezou o 2 de febreiro de 2024. En canto aos principais temas de campaña, o PPdeG insistiu en centrar a súa mensaxe en asuntos candentes da política estatal, como a lei de amnistía, o pacto entre o PSOE e os partidos nacionalistas para garantir o goberno tralas eleccións do 23X ou a relación entre o BNG e Bildu. O PPdeG presentouse como garantía de estabilidade fronte dun multipartito caótico. Ao tempo, esforzábase en identificar ao seu candidato como unha persoa próxima e previsíbel, de perfil técnico e afastado de aventuras ideolóxicas.

O BNG centrou a súa campaña na imaxe da súa candidata, potenciando a súa figura de presidenciable. Procurou afastarse de cuestións relacionadas coa estrutura territorial, insistindo en asuntos clásicos da esquerda como a defensa dos servizos públicos, do emprego de calidade e de valores como o feminismo, sen abandonar reivindicacións clásicas do nacionalismo como a saúde da lingua e da cultura galegas.

Besteiro, pola súa banda, recibiu un forte apoio do PSOE. Pedro Sánchez protagonizou cinco mitins en Galicia entre a precampaña e a campaña. Tratábase de capitalizar, desta maneira, os investimentos do estado no país, como os relacionados co tren de alta velocidade. Así mesmo, houbo unha grande implicación do alcalde de Vigo, Abel Caballero, que buscaba mobilizar o voto da cidade e da súa área metropolitana.

En canto a Sumar, a súa candidata esforzouse en facer ver que o voto á súa formación non dividía á esquerda, senón que ampliaba a súa capacidade de mobilización. En todo momento comprometeu os escanos da súa formación ao servizo dun goberno progresista. As demandas de DO centráronse na provincia de Ourense, denunciando unha histórica falta de investimentos que serían a causa do seu declive demográfico e económico. Podemos realizou unha campaña con mensaxes radicais, como a creación dun imposto sobre as grandes fortunas. En tanto, Vox tratou de captar votos entre o electorado desencantado do PPdeG, insistindo en asuntos como a imposición do galego, que os populares tolerarían.

Enquisas e debates electorais Enquisas