Guido Pellizzari Oliva, nado en Mendoza o 4 de xuño de 1992, é un xogador de hóckey a patíns arxentino que xoga como defensa-medio no Deportivo Liceo da OK Liga.

Traxectoria Comezou a xogar ao hóckey a patíns na sección de hóckey do Independiente Rivadavia, da súa cidade natal, pasando máis tarde ao Andes Talleres de Godoy Cruz, co que xogou entre 2007 e 2015, cun paréntese dun ano no que militou no Matera italiano. A continuación deu o salto definitivo ao hóckey europeo, pasando polas filas do RCH Basel, o Valença HC, o Vendrell e o Calafell, antes de recalar en 2021 no Saint-Omer francés. Xogou dous anos no Paso de Calais, marcando 34 goles en 47 partidos conquistando dúas ligas, unha Copa de Francia e dúas Supercopas.

En 2023 anunciouse o seu regreso á OK Liga, ao fichar polo Deportivo Liceo.

Equipos Andes Talleres: 2007-2012 Matera: 2012-2013 Andes Talleres: 2013-2015 RCH Basel: 2015-2016 Valença HC: 2016-2018 Vendrell: 2018-2019 Calafell: 2019-2021 Saint-Omer: 2021-2023 Deportivo Liceo: 2023-actualidade

Palmarés Saint-Omer Liga francesa (2): 2021/22, 2022/23. Copa de Francia (1): 2022/23. Supercopa de Francia (1): 2021, 2022.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Datos do xogador en ceroacero.es .

Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados na provincia de Mendoza Categoría:Xogadores de hóckey a patíns da Arxentina Categoría:Xogadores do H.C. Liceo