alt=Exemplo de deíxe|miniatura|A deíxe é un tipo de indicidade En lingüística, semiótica e filosofía da linguaxe, a indicidade ou indexicalidade (en ) refírese a un enunciado ou comportamento (un indicio) que apunta cara a un estado de cousas. Exemplos de indicios son: eu, que se refire a quenquera que estea a falar; agora, que se refire ao tempo no cal se enuncia esta palabra; ou aquí, que se refire ao lugar onde se produce a enunciación.
Indicidade xeral Segundo Charles Sanders Peirce, a indicidade é unha das tres modalidades do signo, polo que se trataría dun fenómeno que se estende alén da linguaxe. Dende o punto de vista da antropoloxía, verbi gratia, a indicidade incluiría calquera elemento (roupa, variedades de fala, modos na mesa...) que apunte cara a identidade ou status social dunha persoa. Outro exemplo de indicidade non lingüística é sinalar un obxecto co dedo, no canto de enunciar o seu nome.
Indicidade lingüística Os indicios lingüísticos puros reciben o nome de deícticos. Os deícticos posúen un modo contextual de referencia, xa que o receptor da mensaxe necesita coñecer ao emisor ou o contexto para captar o referente. Xeralmente, os indicios acompáñanse de xestos ou outras expresións non verbais. Por outra banda, existen tamén indicios lingüísticos non referenciais, como marcadores de xénero ou da clase social do falante.
Os indicios aseméllanse aos demostrativos (isto, iso...), xa que ambos tipos de expresións varían en función da situación. Porén, algúns teóricos propoñen que se trata de categorías diferentes de palabras.
Notas
Categoría:Pragmática Categoría:Lingüística Categoría:Comunicación