Zhao Tingyang (en chinés simplificado: 赵汀阳; en pinyin: Zhào Tīngyáng), nado en Guangdong no 1961, é un filósofo político contemporáneo. É recoñecido por modernizar o antigo concepto chinés de tianxia (天下, "todo baixo o ceo").
Traxectoria Zhao Tingyang graduouse pola Universidade Renmin da China e pola Academia Chinesa de Ciencias Sociais. Actualmente, é profesor no Instituto de Filosofía da Academia Chinesa de Ciencias Sociais e membro do Instituto de Investigación Berggruen da Universidade de Pequín. Foi tamén membro distinguido do Instituto Harvard-Yenching no ano 2013.
As súas principais áreas de investigación son a metafísica, a ética e mais a filosofía política. No ano 2005, publicou unha das súas obras máis recoñecidas Tianxia tixi (天下体系, "O sistema tianxia"). Segundo Zhao, o sistema tianxia presupón a inclusión de todas as persoas, e implica a aceptación da diversidade do mundo, poñendo a énfase na dependencia harmónica e recíproca e no goberno baseado na virtude como medios para unha paz duradeira. alt=Representación gráfica do sistema tianxia|miniatura|Representación gráfica do sistema tianxia
Obras Libros 《美学和未来的美学》(A estética e a estética do futuro, 1990). Editorial de Ciencias Sociais de China. 《哲学的危机》(A crise da filosofía, 1992). Editorial de Ciencias Sociais de China. 《思想迷宫》(Os labirintos do pensamento, 1995). Editorial de Educación de Guangdong. 《天下体系》(O sistema tianxia, 2005). Editorial da Universidade Renmin. Tradución ao castelán: Tianxia: Unha filosofía para a gobernanza global (2021). Tradución de Manuel Pavón Belizón. Herder. 《天下的当代性》(O espírito contemporáneo do tianxia, 2016).
Artigos académicos Zhao Tingyang. 2012. ‘The Ontology of Coexistence: From Cogito to Facio’. Diogenes 57:4, (228): 27-36 Zhao Tingyang and Yan Xin. 2008. The Self and the Other: An Unanswered Question in Confucian Theory. Frontiers of Philosophy in China 3, (2): 163-176 Zhao Tingyang. 2009. Ontology of Coexistence. Diogenes 228, (4): 35-49 Zhao Tingyang. 2009. A Political World Philosophy in terms of All-under-Heaven (tian-xia). Diogenes 56, (1): 5–18, 140 Zhao Tingyang. 2006. Rethinking Empire from a Chinese Concept 'All-under-Heaven' (tian-xia). Social identities 12, (1): 29-41 Zhao Tingyang. 2007. ‘“Credit Human Rights”: A Non-western Theory of Universal Human Rights’. Social sciences in China XXVIII, (1): 14-26 Zhao Tingyang. 2005. On the Best Possible Golden Rule. Social sciences in China XXVI, (4): 12-22
Notas
Categoría:Nados en 1961 Categoría:Filosofía chinesa Categoría:Filosofía política Categoría:Filósofos da China Categoría:Filósofos do século XXI