Carlos Javier Rodríguez, nado en Santa Cruz de Tenerife o 19 de xaneiro de 1992, é un futbolista español . Xoga como lateral dereito no Tarazona, da Primeira División RFEF.
Traxectoria Nacido en Tenerife e criado na localidade aragonesa de Calatorao, pasou polas canteiras do Club Deportivo Calatorao e da Unión Deportiva Amistad, antes e recalar en idade infantil no Real Zaragoza.
Rematada a súa etapa como xuvenil, foi cedido ao Ejea, pero unha lesión na pretemporada impediulle debutar co equipo das Cinco Villas. Para a tempada seguinte regresou ao Zaragoza para xogar no filial, o Deportivo Aragón, co que debutou na Segunda DIvisión B. Con todo, sufriu unha nova lesión e só puido disputar dez partidos ao longo da tempada. No verán de 2012 fichou polo Andorra de Teruel onde callou unha gran tempada, o que lle permitiu volver á disciplina zaragocista.
Sendo un dos fixos do filial, entrou en varias convocatorias do primeiro equipo do Zaragoza, co que finalmente debutou o 30 de marzo de 2014, nun partido da Segunda División contra o Alavés en Mendizorroza, substituíndo na segunda parte a José Javier Barkero.
No verán de 2015 desvencellouse do Zaragoza e fichou polo Ebro, de Segunda B, no que xogou unha tempada. A continuación pasou ao Tarazona, da Terceira División, no que militou durante os seguintes catro anos e medio, logrando un ascenso a Segunda B na tempada 2019/20. En xaneiro de 2021 fichou polo Teruel, co que un ano e medio despois se proclamou campión do Grupo III da Segunda División RFEF, sendo un dos xogadores do equipo con máis partidos disputados.
En xullo de 2023 anunciouse o seu regreso ao Tarazona, que viña de ascender tamén á Primeira División RFEF.
Palmarés Tarazona Terceira División (1): 2019/20.
Teruel Segunda División RFEF (1): 2022/23.
Notas
Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Santa Cruz de Tenerife Categoría:Futbolistas das Canarias Categoría:Futbolistas de Aragón Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Zaragoza B Categoría:Xogadores do CD Teruel Categoría:Xogadores da SD Tarazona