Francisco Lema Sendón, nado en Vimianzo cara a 1876, foi un político galego.

Traxectoria Dono dun café-bar e comercio en Vimianzo. En 1919 era presidente da Sociedade de Gandeiros de Castrelo e Berdoias.El Eco de Santiago, 7-11-1919, p. 1. Logo do triunfo da Fronte Popular foi nomeado concelleiro de Vimianzo. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o día 25 xunto con Andrés García Ferreiro e Manuel Alborés Gándara."Sucesos en Vimianzo" La Voz de Galicia, 2-8-1935, p. 2. Logrou fuxir, e en xullo de 1937 o xulgado militar fixo pública unha requisitoria.La Voz de Galicia, 10-7-1937, p. 4. Estivo agochado até 1939. Foi xulgado na Coruña por rebelión e condenado a cadea perpetua. Abríronlle expediente de reponsabilidades políticas en 1940.BOE, 4-6-1940, p. 2721.BOE, 23-5-1945, p. 1814.

Notas

Categoría:Concelleiros de Vimianzo Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Vimianzo Categoría:Nados en 1876