Chimisay é un barrio da cidade de Santa Cruz de Tenerife, (Tenerife, Illas Canarias).

Enmárcase administrativamente dentro do distrito de Ofra-Costa Sur. Á súa vez a Avenida Príncipes de España divídeo en Chimisay Alto e Chimisay Bajo. Limita ao norte co barrio de César Casariego, ao sur con Camino del Hierro e Las Delicias, barrio co que tamén limita ao oeste, e ao leste cos barrios de Vistabella e Ballester.

Categoría:Santa Cruz de Tenerife