Warriors of Future (chinés tradicional: 明日戰記; chinés simplificado: 明日战记; pinyin: Míngrì zhànjì), anteriormente coñecido como Virtus (chinés tradicional: 矛盾戰爭; chinés simplificado: 矛盾战争; pinyin: Máodùn zhànzhēng), é un filme de Hong Kong de 2022 dirixido polo artista de efectos visuais Ng Yuen-fai no seu debut detrás da cámara. Está protagonizado por Louis Koo, Sean Lau e Carina Lau. Koo tamén foi o produtor executivo do filme, que á súa vez foi financiado e distribuído pola súa compañía, One Cool Group Limited.

O filme estivo en proceso de desenvolvemento durante tres anos e a produción comezou o 12 de febreiro de 2017. Orixinalmente tiña previsto a súa estrea en 2019. Logo dunha longa demora, o filme estreouse na 46ª edición do Festival Internacional de Cinema de Hong Kong o 15 de agosto de 2022 e estreouse nos cinemas de Hong Kong o 25 de agosto de 2022.

Converteuse no filme chinés con maior recadación en Hong Kong. O seu récord foi superado por A Guilty Conscience en febreiro de 2023.

Personaxes Louis Koo como Tyler () Sean Lau como Johnson Cheng () Carina Lau como Tam Bing () Philip Keung como Yau Tai-long () Tse Kwan-ho como Dr. Chan Chong-Chung () Janice Wu como Xiao Lü () Wan Guopeng como Connor Kwong () Nick Cheung como Sean Li () Eddy Ko

Notas

Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua cantonesa Categoría:Filmes de Hong Kong Categoría:Filmes rodados en Hong Kong Categoría:Filmes ambientados en Hong Kong Categoría:Filmes ambientados en 2055 Categoría:Filmes sobre extraterrestres Categoría:Filmes postapocalípticos Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX Categoría:Filmes de Media Asia