Roi Rigueira Agromartín, nado en Taboada o 5 de marzo de 1987, é un político, deportista e escritor galego. Traxectoria Estudou ADE na Universidade de Santiago de Compostela, cun mestrado en estratexia dixital e varios cursos de internacionalización de comercio exterior. Traballou de consultor e de axente comercial. É tamén apicultor afeccionado e está vencellado ao sindicalismo agrario.

Foi porteiro de fútbol do equipo de Taboada e portavoz municipal do PSOE.

En 2023 foi nomeado alcalde de Taboada grazas aos sete votos do PSOE (4) e o BNG (3), sendo o primeiro alcalde socialista da democracia e substituíndo a Ramiro Moure.

Obras

Taboada. Guía dos seus elementos máis sobranceiros (2023). A Coruña: Hércules Ed. ISBN 978-84-18966-72-9. GHuía do patrimonio material e inmaterial de Taboada, recollendo parte das tradicións a partir de fontes orais.

Notas

Categoría:Nados en Taboada Categoría:Nados en 1987 Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Taboada Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega