Garazi Romero Sánchez, nada en Mondragón (Guipúscoa) o 1996, é unha avogada, xurista e profesora universitaria de orixe vasca.
Actualmente é profesora de Dereito civil na Universidade de Deusto.
Traxectoria
Estudou no colexio Arizmendi Ikastola de Mondragón (Guipúscoa), onde realizou e educación secundaria obrigatoria e o bacharelato (2012-2014). Obtivo a distinción de matrícula de honra en bacharelato (2014).
Estudou un Dobre Grao en Dereito e Comunicación na Universidade de Deusto, e graduouse a primeira da súa clase. Recibiu o Premio Extraordinario de Fin de Grao (2019) da Universidade de Deusto, e tamén obtivo o Premio Fin de Estudos Kutxa (Edición XLIII) (2019) da Fundación Kutxa. miniatura|Os avogados vascos Nerea Castaño Gordon, Garazi Romero Sánchez e Andoni Polo Roca reciben o Premio Novos Avogados "Antonio Hernández-Gil" xunto co Decano do Ilustre Colexio de Avogados de Biscaia D. Carlos Fuentenebro Zabala e os membros da Xunta de Goberno Dña. Ana Bermejo Arteagabeitia e D. Luis Javier Santafé Méndez. Na foto, dende a esquerda á dereita, Luis Javier Santafé, Nerea Castaño, Ana Bermejo, Garazi Romero, Carlos Fuentenebro e Andoni Polo. Despois realizou o máster en avogacía na Universidade de Deusto. Tras superar a proba de acceso á avogacía, obtivo o título de avogada en 2021. Dende entón exerce como avogada. É membro do Ilustre Colexio de Avogados de Biscaia.
En 2021 comezou a exercer como avogada no despacho internacional Garrigues, no departamento de litixios e arbitraxe. En 2022 foi galardoada co Premio Novos Avogados "Antonio Hernández-Gil", concedido polo Consello Xeral da Avogada Española (CGAE).
Desde 2024 é profesora de Dereito civil da Universidade de Deusto.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Garazi Romero - Universidade de Deusto
Categoría:Avogados de España Categoría:Nados en Arrasate Categoría:Nados en 1996 Categoría:Alumnos da Universidade de Deusto