Pittosporum tobira é unha especie da familia Pittosporaceae, orixinaria do leste de Asia. miniatura|304x304px|Flores. dereita|miniatura|240x240px|Froito inmaturo artificialmente aberto, coas súas sementes pegañentas. miniatura|240x240px|Froito inmaturo, corte axial. miniatura|240x240px|Froitos secos.

Descrición Arbusto de até 7 m de alto. Follas agrupadas nos extremos das ramas, simples, desde oblongas a espatuladas, co ápice redondeado ou escotado, lampiñas, lisas, co nervio medio ben marcado como unha raia amarela na face, coriáceas, coa face verde escura e brillante e máis claras polo envés. Inflorescencias en cimas corimbiformes, cos pedicelos pubescentes. Flores aromáticas con 5 sépalos cortamente soldados na base, iguais entre si e pétalos oblanceolados, branco-amarelados. Estames en número de 5, dimórficos: filamentos de 2-3 mm e anteras case estériles en estames reducidos e filamento de 5-6 mm e anteras fértiles de cor amarela, oblongas, e duns 2 mm. Froito en cápsula ovoidea, tomentosa e dehiscente por 2 a 4 valvas, habitualmente 3. Alberga no seu interior varias sementes pardo-alaranxadas, rodeadas por unha substancia resinosa-viscosa esbrancuxada.

Distribución É orixinaria das rexións que rodean o mar da China Oriental: costa oriental da China, o sur do Xapón, o sur de Corea e illas próximas; foi introducida noutras partes do mundo, nalgunhas das cales está asilvestrada.

Na Península Ibérica compórtase como invasora, xa que as aves diseminan as sementes, aparecendo asilvestrada nos bosques lindeiros e aumentando a súa expansión progresivamente. Sería máis recomendable utilizar arbustos de espécies autóctonas para realizar sebes de xardinaría.

Usos É unha planta moi utilizada como ornamental pola súa resistencia á contaminación atmosférica nas grandes cidades.Galán Cela P. et alii. (2003): Árboles y Arbustos de la Península Ibérica e Islas Baleares, Madrid, Jaguar, ISBN 84-95537-50-8 Utilízase en sebes cortaventos nas praias, onde medra ben sobre chan areoso, e onde resiste o vento forte e salobrehttp://articulos.infojardin.com/articulos/diseno_jardin_mar.htm

Taxonomía Pittosporum tobira foi descrita primeiro por Carl Peter Thunberg como Euonymus tobira e posteriormente clasificada no xénero Pittosporum por William Townsend Aiton e publicada en Hortus Kewensis, a Catalogue of the Plants Cultivated in the Royal Botanic Garden at Kew. Londres, (2ª ed.), 2, p. 27, 1811.

Etimoloxía

Pittosporum: do idioma grego πίττα (por πίσσα) 'resina' e σπόρος, 'semente', ou sexa 'sementes pegañentas', pois as sementes están embebidas nunha substancia resinosa-viscosa esbrancuxada.

tobira: epíteto que é o nome da planta no Xapón.

Sinonimia

Euonymus tobira Thunb. - basónimo Pittosporum chinense Donn Pittosporum tobira var. chinense S.Kobay. Pittosporum tobira var. tobira

var. calvescens Ohwi

Pittosporum makinoi Nakai Pittosporum tobira var. fukienense GowdaPittosporum tobira en PlantList

Notas

Véxase tamén Bibliografía CONABIO. 2009. Catálogo taxonómico de especies de México. 1. En Capital Nat. México. CONABIO, Cidade de México. Comité editorial de Flora de China. 2003. Flora of China (Pittosporaceae through Connaraceae). 9: 1–496. En C.Y. Wu, P.H. Raven e D.Y. Hong (eds.) Fl. China. Science Press y Missouri Botanical Garden Press, Pekín e San Luis.

Ligazóns externas Pittosporum tobira en Flora Ibérica-Real Jardín Botánico

Categoría:Plantas descritas en 1811 Categoría:Plantas invasoras