As relacións entre España e Palestina son as relacións bilaterais e diplomáticas entre estes dous países. Palestina ten unha embaixada en Madrid. Embassy of Palestine in Madrid. España ten un consulado xeral en Xerusalén leste, que serve como delegación palestina.Ficha de Palestina Office of Diplomatic Information. Ministry of Foreign Affairs and Cooperation. Section: Representation Data. España recoñeceu o estado de Palestina o 28 de maio de 2024.
Historia Excluída da ONU ata 1955, España non participou no Plan das Nacións Unidas para a partición de Palestina. O réxime franquista tendeu a apoiar as posicións árabes no Mandato británico de Palestina, unha postura reforzada tras o asasinato do vicecónsul español en Xerusalén nun ataque do grupo paramilitar Yishuv Haganah en xaneiro de 1948.
En 1974, España púxose do lado dos dereitos nacionais dos palestinos na ONU durante a votación das resolucións 3236 e 3237 da Asemblea Xeral. Durante as primeiras etapas da Transición española, e fronte ao recoñecemento do estado de Israel, o goberno español foi coaccionado por varias partes para favorecer ou abandonar/atrasar o recoñecemento do Estado de Israel. Porén, o primeiro presidente español da democracia, Adolfo Suárez favoreceu unha política continuísta en relación ao conflito arabe-israelí. Foi o primeiro líder de Europa occidental en acoller a visita do presidente da Organización para a Liberación de Palestina, Yasser Arafat en setembro de 1979, o que provocou críticas das comunidades xudías españolas.
Tras o seu recoñecemento do estado de Israel en 1986, España puido desempeñar un papel como mediador no conflito israelí-palestino.
As relacións diplomáticas entre España e a Autoridade Palestina pódense cualificar de excelentes. As boas relacións con Israel e a ANP foron determinantes á hora de elixir Madrid como sede da Conferencia de Paz de 1991 que abriría as conversas de paz entre palestinos e israelís.Ficha de Palestina Office of Diplomatic Information. Ministry of Foreign Affairs and Cooperation. Section: Diplomatic relations.
As numerosas visitas a España dos máximos dirixentes palestinos son unha proba do bo estado das relacións diplomáticas entre ambos os países. Yaser Arafat no pasado e Mahmoud Abbas despois, visitaron Madrid cunha taxa polo menos anual e tamén recibiron ás autoridades españolas en Ramala e Gaza en repetidas ocasións. Os presidentes Aznar e Zapatero visitaron Ramala en 1999 e 2009 respectivamente. En abril de 2011, foron os Príncipes de Asturias os que foron recibidos oficialmente no Complexo Presidencial de Muqata'a en Ramala polo presidente Abbas.
O traballo da Cooperación Española na última década nos Territorios Palestinos é tamén unha proba das excelentes relacións entre España e os Territorios Palestinos. Neste sentido, as sociedades civís española e palestina manteñen intensos contactos a través da presenza de cooperadores españois que desenvolven o seu traballo nos Territorios Palestinos así como a través dos numerosos cidadáns palestinos que foron beneficiarios do sistema de bolsas da Cooperación Española e que estabeleceron intensos contactos durante as súas estancias académicas en España.
En novembro de 2023, tras a súa reelección como primeiro ministro, Pedro Sánchez anunciou a intención do seu goberno de recoñecer "en calquera momento" o Estado de Palestina, e comunicoullo ao primeiro ministro israelí Benjamin Netanyahu. Dende o inicio do conflito israelí-palestino de 2023, España foi unha das principais voces dentro da Unión Europea no apoio ao recoñecemento dun Estado Palestino.
España recoñeceu a Palestina como país independente o 28 de maio de 2024.Spain, Norway and Ireland formally recognize a Palestinian state as EU rift with Israel widens España e Irlanda están a persuadir a outros países de Europa para que se unan a eles no recoñecemento de Palestina como moi tarde en xullo de 2024.
Comercio bilateral A balanza comercial é sempre favorable para España, aínda que o tráfico de mercadorías entre os dous países é insignificante. Da análise das cifras das exportacións españolas, sempre coas cualificacións sinaladas, destacan os seguintes datos: O total é historicamente insignificante en termos absolutos. As exportacións a Palestina están directamente relacionadas cos envíos que foron financiados con créditos FAD. A desaceleración da execución dos proxectos FAD desde o ano 2000 foi a responsable da caída do valor total das exportacións españolas aos Territorios Palestinos; 9 millóns de euros en 1999, 6 millóns de euros en 2005, 1,6 millóns de euros en 2006 e a mesma cifra en 2007. Durante 2009 e 2010 as cifras foron moi pequenas (0,90 e 3,72 euros), respectivamente. En 2012, as exportacións españolas ascenderon a 7 millóns de euros. As importacións por parte de España de produtos palestinos son case inexistentes; de feito, nos últimos tres anos e ata outubro de 2013 non houbo compras por parte de España.Ficha de Palestina Office of Diplomatic Information. Ministry of Foreign Affairs and Cooperation. Section: Economic relations.
Notas
Referencias
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Relacións bilaterais de España Categoría:Relacións bilaterais de Palestina