Kenneth Thomas Chee Chee, nado en Temagami, Ontario, o 26 de marzo de 1944 e finado o 14 de marzo de 1977, coñecido como Benjamin Chee Chee, foi un artista ojibwa.
Traxectoria O pai de Chee Chee morreu cando el era novo, e Chee Chee foi enviado a unha escola residencial cando era un neno, sendo separado da súa nai. Despois pasou moitos anos buscándoa. Mudouse a Montreal en 1965 onde desenvolveu o seu amor pola pintura, e mudouse de novo a Ottawa en 1973. miniatura|"Ganso en Voo", unha pintura orixinal de Chee Chee en "The Canadian Encyclopedia".
Carreira profesional A primeira exhibición da arte de Chee Chee celebrouse en 1973 na Universidade de Ottawa. Pouco despois gañou fama ao desenvolver o seu estilo único de liñas claras e graciosas e unha cor mínima, representando aves e animais. Aínda que a súa arte presentaba unha gran cantidade de iconografía usada a miúdo polos artistas das primeiras nacións canadenses, Chee Chee negou que a súa arte tivese un significado simbólico. En troques, referiuse aos animais que aparecen na súa arte como "criaturas do presente". Tamén se referiu especificamente a si mesmo como un artista ojibwa, no canto de clasificar na etiqueta de artista "indio".
Morte Despois de atopar á súa nai e acadar o éxito como artista, Chee Chee morreu suicidándose nun cárcere de Ottawa en 1977. Foi soterrado no ccemiterio de Notre Dame en Ottawa, Ontario. O traballo de Chee Chee foi exposto postumamente en todo o Canadá.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Nados en 1944 Categoría:Finados en 1977 Categoría:Suicidios en 1977 Categoría:Pobo ojibwa Categoría:Pintores do Canadá Categoría:Suicidas do Canadá