Emilia Kyrkkö nada o 24 de febreiro de 2004 en Ylöjärvi (Finlandia), é unha xogadora finlandesa de hóckey sobre xeo, que xoga de porteira. Kyrkkö xoga no Team Kuortane da Naisten Liiga, máxima categoría do hóckey sobre xeo finés, dende a tempada 2020–21. Kyrkkö debutou coa selección finesa en novembro de 2022. Ten xogado cinco encontros coa selección finlandesa cunha porcentaxe de paradas do 94,6 %. En 2023 foi seleccionada para participar con Finlandia no campionato do mundo dese mesmo ano.

A nivel individual, Kyrkkö foi elixida a mellor porteira do Campionato do Mundo sub-18 de 2022. Na tempada 2022–23 da Naisten Liiga foi recoñecida como a xogadora do mes de setembro logo de disputar seis partidos co seu equipo cunha porcentaxe de paradas do 94,3 %, o que lle valeu para liderar a clasificación de porteiras, e ao final desa mesma tempada recibiu o trofeo Tuula Puputti á mellor porteira da liga e foi elixida no primeiro equipo das estrelas.

Notas

Categoría:Nados en 2004 Categoría:Nados en Ylöjärvi Categoría:Xogadores de hóckey sobre xeo de Finlandia Categoría:Xogadoras do Team Kuortane Categoría:Gañadoras do Trofeo Tuula Puputti