Luis Gallego Sánchez, nado en Cádiz, arredor de 28 de xuño de 1945 e finado en Barcelona o 9 de decembro de 1992, coñecido polo seu nome artístico Luisito Rey, foi un cantante, compositor e guitarrista español. Actuou en España, México, Costa Rica e Porto Rico, entre outros países. Algunhas das súas composicións máis salientables foron "El loco", "El circo" e "Frente a una copa de vino".

Traxectoria

Carreira Ademais de compoñer as súas propias cancións, fíxoo para outros cantantes famosos, como Peret, Édith Piaf, Charles Aznavour e Yves Montand. O contido dalgunhas das súas cancións ofendiu o réxime de Francisco Franco, e por iso sufriu a censura.Microbiografía La Hora. Consultado o 26 de xaneiro de 2018. Finalmente trasladouse a París, onde decidiu cambiar de novo o seu nome artístico por Luis Miguel Gallegos, debido á admiración que tiña polo toureiro Luis Miguel Dominguín, pai de Miguel Bosé.

A súa primeira incursión na televisión mexicana, en 1980, foi a través do favor que lle concedeu o seu irmán Mario Gallego, que mantiña relacións desde a súa infancia con Arturo Durazo, influente xefe de policía e xefe de narcotráfico na capital. Dous anos despois, solicitou o favor para o seu fillo Luis Miguel, que participou no programa Siempre en Domingo.

O 18 de agosto de 1992, a discográfica Sony Music, que absorbera Columbia Records, publicou dez dos seus éxitos en formato CD. Uns meses despois, estando en Barcelona, contraeu unha pneumonía fulminante e morreu o 9 de decembro, aos 47 anos de idade. Os seus restos atópanse nunha urna pechada, no cemiterio mancomunado da baía de Cádiz.

Familia A súa cónxuxe foi a italiana Marcella Basteri Tarrozzo, nada o 10 de decembro de 1946 en Carrara, coa que tivo tres fillos: Luis Miguel Gallego Basteri, Alejandro Gallego Basteri e Sergio Gallego Basteri. Descubriu cedo as calidades artísticas do seu primeiro fillo, e abandonou a súa propia carreira para acompañalo e representalo.

Controversias Foi acusado de diversas estafas e falsificacións ao longo da súa vida, e mesmo chegou a ter tres actas de nacemento, Tamén foi acusado de explotación infantil, repetindo a súa propia historia (el mesmo cantaba nos bares aos seis anos) e de drogar ao seu fillo cando estaba extenuado, para que seguise a cantar. A tutela sobre Luís Miguel durou até 1988, cando o primoxénito chegou á maioría de idade e decidiu substituír o seu pai como manager.

Marcella Basteri decidira mudarse á súa cidade natal de Carrara, Italia, levando consigo ao seu fillo máis novo. Máis tarde, Marcella desapareceu misteriosamente, e nunca máis se soubo do seu paradoiro. Luisito Rey foi acusado da morte da súa esposa.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Luisito Rey Biblioteca Nacional de España (BNE). Luisito Rey - Songs Allmusic.  Luis Miguel, a serie (2021, temporada 2) crítica: un recomendable biopic de Netflix (espinof.com)

Categoría:Finados en 1992 Categoría:Nados en Cádiz Categoría:Nados en 1945 Categoría:Cantantes de Andalucía Categoría:Cantautores Categoría:Compositores