A Lasiommata maera é unha bolboreta da familia das Nymphalidae. A especie é común na Península Ibérica e Europa continental; tamén se atopa no Magreb e nas zonas tépedas de Asia. A pesar de ser unha ávida voadora, non se adoita ver voando con fortes ventos.

Descrición Os exemplares machos teñen o anverso das ás de cor leonado escuro con liñas máis escuras na cela e entre a zona discal e postdiscal. Presentan ademais manchas dunha cor leonada amarelada na zona postdiscal, con ocelo ás veces bipupilado no ápice e liñas finas nas veas. As ás posteriores son tamén de cor leonada escura, excepto en zona postdiscal, con tres ocelos negros.

Os exemplares femias son algo maiores en tamaño que os machos, con tons de cor semellantes nas ás, aínda que menos escuros na zona discal do anverso e teñen os bordos das ás máis redondeados.

O reverso das ás posteriores é similar ás anteriores, aínda que coas zonas escuras de aparencia máis agrisada. Teñen ton agrisado con liñas irregulares marróns e finas entre as zonas discal, postdiscal e marxinal. Presentan ademais ocelos postdiscais pupilados de branco.

Posúen unha lonxitude do bordo da á anterior de 23-25 mm.

Hábitat Pode atoparse até os 1.800 metros de altitude. Os seus hábitats preferidos son as zonas pedregosas de lindes de bosques e claros de áreas boscosas. A larva aliméntase de gramíneas tales como Poa annua, Festuca pratensis e Hordeum murinum.

Notas

Categoría:Taxons descritos por Linné Categoría:Lepidópteros de Asia Categoría:Lepidópteros de Europa Categoría:Bolboretas de Galicia Categoría:Animais descritos en 1758