O fillo (en ) é un filme británico-franco-estadounidense de 2022 dirixido por Florian Zeller a partir dun guión escrito por el e Christopher Hampton. Baséase na obra teatral homónima de Zeller de 2018. Está protagonizado por Hugh Jackman, Laura Dern, Vanessa Kirby, Zen McGrath e Hugh Quarshie. Anthony Hopkins ten unha pequena aparición neste filme, interpretando o personaxe do pai do protagonista (porén é diferente do pai do anterior filme de Zeller, The Father).

O fillo estreouse a través de Amazon Prime Video o 14 de xuño de 2023, onde conta con dobraxe e subtitulado en galego. A dobraxe foi dirixida por Julio Lorenzo.

Personaxes Hugh Jackman como Peter Miller Laura Dern como Kate Miller Vanessa Kirby como Beth Zen McGrath como Nicholas Miller George Cobell como Nicholas Miller de mozo Hugh Quarshie como Dr. Harris Anthony Hopkins como Anthony Miller

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Florian Zeller Categoría:Filmes con banda sonora de Hans Zimmer Categoría:Filmes de Sony Pictures Classics Categoría:Filmes de 2022 con versión en galego