miniatura|300px|Situación do arco de illas Intermontano hai 245 millóns de anos, antes de incorporarse como terreo alóctono á actual placa norteamericana. En xeoloxía, un terreo (ou terreo tecnoestratrigráfico) é un fragmento de codia terrestre formado nunha placa tectónica (ou fragmentado dela) e acrecionado ("suturado") á codia, quedando unido a outra placa. Por tanto, un terreo fórmase por un proceso tectónico, cando un fragmento de placa litosférica, de natureza continental ou oceánica, se afasta do seu lugar de xénese e únese logo a outro conxunto xeolóxico por acreción. O termo procede do inglés terrane,Cruz, E.L.C.C. & Kuyunjian, R.M. - The geology and tectonic evolution of the Tocantins granite-greenstone terrane, Almas-Dianópolis region - Revista Brasileira de Geociências — RBG, Vol. 28, n. 2, 1998. ; Páxinas 173-182 Torres, Helton Heleri F.; Sial, A. N.; Santos, E. J.; Silva filho, M. A. Nd-Sr isotopic composition of microgranular enclaves of the Brejinho Batholith, Alto Pajeú Terrane, Borborema Province, NE Brazil. In: South American Symposium on Isotope Geology, 4.,24-27 ago., 2003, Salvador, BA. Short Papers.Salvador, BA: CBPM; IRD, 2003. 789p., p.695-697. termo que se usa así ás vecesGEOLOGIA E SOCIEDADE e tamén se lle ten chamado na literatura terrano e litosferoclasto. O bloque da codia ou os fragmentos preservan a súa propia historia xeolóxica peculiar, a cal é diferente da das áreas circundantes (de aí os termos terreo "exótico" ou "suposto"). A zona de sutura entre un terreo e a codia á cal está unido é normalmente identificable como unha falla xeolóxica.
Cando os terreos están compostos de repetidos eventos acrecionais, isto é, están compostos de subunidades con historias e estruturas distintas, poden denominarse superterreos (superterranes).University of British Columbia website: Terranes
Xeneralidades
Un terreo non é necesariamente unha microplaca orixinalmente independente, dado que pode que non conteña a totalidade do grosor da litosfera. É unha porción de codia que foi transportada lateralmente, normalmente como parte dunha placa maior, e é relativamente flotante debido ao grosor ou baixa densidade. Cando a placa da cal formaba parte foi subducida baixo a outra placa o terreo en cuestión non sufriu esa subución, separándose da súa placa "transportadora", e foi acrecionado á placa supraxacente. Por tanto, o terreo transferiuse dunha placa á outra. Tipicamente, os terreos en acreción son porcións de codia continental que se afastaron doutra masa continental debido a un rift e foron transportados rodeadas por codia oceánica, ou poden ser antigos arcos volcánicos formados nalgunha zona de subdución distante.
O concepto de "terreo" (terrane) desenvolveuse a partir dos estudos feitos na década de 1970 da complicada marxe oroxénica da Cordilleira do Pacífico de América do Norte, un complexo e diverso potpourri xeolóxico que era difícil de explicar ata que a nova ciencia da tectónica de placas mostrou a capacidade que tiñan fragmentos de codia de "vagaren" á deriva millares de quilómetros desde a súa orixe e acabaren colidindo e comprimíndose contra unha costa exótica. Tales terreos denomináronse inicialmente "terreos acrecionados".
"Logo foi determinado que estas exóticas franxas de codia orixináranse, de feito, como "terreos supostos" en rexións a distancias considerables, frecuentemente millares de quilómetros, do cinto oroxénico onde finalmente acabaron. En consecuencia, o actual cinto oroxénico era unha colaxe acrecionaria, composta de numerosos terreos derivados da rexión circumpacífica e agora suturados ao longo de grandes fallas. Estes conceptos aplicáronse rapidamente a outros cintos oroxénicos máis antigos, por exemplo o cinto dos Apalaches de América do Norte.... Apoios á nova hipótese chegaron non só de estudos estruturais e litolóxicos, mais tamén de estudos de biodiversidade faunística e palaeomagnetismo." (Traducido de Carney et al.J.N. Carney et al., Precambrian Rocks of England and Wales, GCReg. volume 20 (ISBN 978-1-86107-487-4))
Recoñecemento dos terreos
Un terreo ten unha dimensión rexional e para recoñecelo no campo débese mostrar que o conxunto xeolóxico deste suposto terreo ten unha historia xeolóxica distinta das historias xeolóxicas das rexións, bloques ou placas veciñas sen que estas diferenzas se poidan explicar por simples cambios laterais de facies ou dunha estrutura xeolóxica maior. Tamén se deben recoñecer as fallas que limitan este bloque. Para conseguir iso compárase a litoloxía e a estratigrafía do suposto terreo coas das zonas veciñas (por exemplo turbiditas dun lado do límite e sedimentos continentais do outro lado, sendo ambos contemporáneos), búscase mostrar que as asociacións faunísticas do suposto terreo son incompatibles en canto a ambiente, facies ou paleoecosistema (por exemplo unha fauna tropical cálida a carón dunha fauna de clima frío, sendo ambas contemporáneas). Tamén se comparan os eventos magmáticos e metamórficos de ambos os lados dos límites, os cales deberían ter ambientes xeodinámicos de formación moi diferentes e incompatibles coa situación de proximidade actual. O estilo das deformacións tectónicas contemporáneas de ambos os lados dos límites serve tamén de criterio (por exemplo, unha xistosidade de idade cretácea dun lado e estruturas distensivas da mesma idade do outro).
O paleomagnetismo é un dos métodos xeofísicos utilizados para diferenciar terreos, xa que permite recoñecer as paleolatitudes dun terreo específico e comparalas coas paleolatitudes da placa á cal se agregou. Este método permite tamén recoñecer a magnitude e velocidade dos desprazamentos relativos entre terreos e placas.
Exemplos de terreos Velaquí algúns exemplos de terreos de distintas partes do mundo; a lista está incompleta:
África Alkapeca Terreo de Birminian Terreo de Kahiltna Terreo de Likasi Cinto de Mozambique Asia Terreo de Aldan Terreo de BirekteSchematic map of the Siberian craton showing boundaries of the craton and its terranes Terreo de Bargusin Terreo de Daldyn Terreo de Magan Terreo de Markha Terreo de Midyan Terreo de Shan–Thai Terreo de Tungus Terreo de Tynda Terreo de Uchur Taiwán Terreo da Cadea Costeira Terreo do Val Lonxitudinal Terreo da Cordilleira Centrooriental Terreo da Cordilleira Centrooccidental Terreo da Cordilleira Hsuehshan Terreo do pedemonte occidental Terreo da chaira costeira Tíbet Terreo de LhasaAitchison, J. C., Ali, J. R., and Davis, A. M. (2007) "When and where did India and Asia collide?" Journal of Geophysical Research, v.112, pp.1–19 Terreo de Qiangtang Terreo de Xigaze Terreo de Bainang Terreo de Zedong Terreo de Dazhuqu
Australasia Terreo de Brook Street Terreo de Buller Terreo de Caples Terreo de Tasmania oriental Terreo de Glenburgh Terreo de Dun Mountain-Maitai Terreo de Molong—Monaro Terreo de Murihiku Terreo de Narryer Gneiss Terreo de Takaka Terreo composto de Torlesse Terreo composto de Waipapa Terreo de Tasmabia occidental
Europa Alkapeca Terreo Armoricano (ou microplaca de Armórica) Avalonia Terreo Composto de Avalon Terreo Balear Terreo Briançonés Terreo das Highlands centrais Terreo das Uplands meridionais Terreo de Charnwood Terreo Hébrido Terreo de Leinster—Lakesman Terreo de Midland Valley Terreo Composto de Armorica setentrional Terreo das Highlands setentrionais Terreos de Rosslare—Monian Terreo do Mar do Norte meridional Terreo de Tregor—La Hague Terreo de WrekinPharao, et al. (1996) Tectonic map of Britain, Ireland & adjacent areas UK:British Geological Survey
Fennoscandia Terreo Bamble Terreo de Idefjorden Terreo de Kongsberg Terreo de Telemarkia Rexión do gneis occidental
América do Norte Terreo de Avalonia Bancroft Terrane Terreo de Buffalo Head Terreo de Cache Creek Terreo de Carolina Terreo de Cassiar Terreo de Crescent Terreo de Elzevir Terreo de Frontenac Complexo Franciscano Terreo de Ganderia Terreo de Hottah Superterreo insular Placa intermontana e cinto intermontano Terreo Meguma Terreo Occidentalia Terreo do bordo do Pacífico Terreo de Pearya Quesnellia Bloque saliniano Terreo de Slide Mountain Bloque de Smartville Terreo de Sonomia Terreo de Steel Mountain Stikinia Terreo de Wrangellia Bloque de Yakutat Terreo de Yukon—Tanana
América do Sur Arequipa-Antofalla Chaitenia Chilenia Bloque de Chiloé Terreo de Cuchilla Dionisio Cuyania Terreo Fitz Roy Terreo de Madre de Dios Mejillonia Terreo de Nico Pérez Pampia Bloque de Paranapanema Terreo de Piedra Alta Terreo de Tandilia
Notas
Véxase tamén Bibliografía Abraham et al. (1980): Continental Accretion: from oceanic plateaus to allochtonous Terranes. Science. Berg (1980): Paleomagnetic record of plata margen tectonic processes along edge of North America. Jour. Geophys. Res. Coney et al. (1980): Cordilleran suspect Terranes. Nature. Howell (1989): Tectonics of suspect Terranes. Ed. Chapman and Hall. Monger et al. (1985): Juan de Fuca plate to Alberta plains. Geol.Soc. Amer. Transect. Ramos (1988): Late Proterozoic - Early Paleozoic of South America. A Collisional History. Episodes IUGS. Restrepo e Toussaint (1988): Terranes and Continental Accretion in the Colombian Andes. Episodes IUGS. John McPhee, Basin and Range, 1981 (Farrar, Straus e Giroux, Nova York). John McPhee, In Suspect Terrain 1983 (Farrar, Straus e Giroux, Nova York). John McPhee, Assembling California, 1993 (Farrar, Straus e Giroux, Nova York).
Ligazóns externas
Terrane: a definition New techniques for modelling terranes in three dimensions West Antarctica terrane analysis Examples of accreted terrane in Idaho Alaskan Terranes
Categoría:Tectónica de placas