PCSat 1, acrónimo de Prototype Communications satellite e coñecido tamén como Navy-OSCAR 44, foi un satélite artificial da Academia Naval dos Estados Unidos lanzado o 30 de setembro de 2001 mediante un foguete Athena 1 desde o Complexo do Espazoporto do Pacífico - Alasca.

Características PCSat 1 foi un pequeno satélite deseñado e construído por estudantes e técnicos da Academia Naval dos Estados Unidos con fondos da Academia Naval e dunha bolsa de Boeing. A súa finalidade foi proporcionar experiencia na construción de satélites aos estudantes e servir de satélite de comunicacións no rango de satélites afeccionados e para dar servizo ao Sistema Automático de Informe de Posición (APRS).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Athena 1

Categoría:Satélites artificiais