O estrinximento (do latín: stringĕre, apertar, comprimir) ou apertamento, é unha condición que consiste na falta de movemento regular dos intestinos, o que produce unha defecación infrecuente ou con esforzo, xeralmente de feces escasas e duras. A frecuencia defecatoria normal varía entre persoas, dende un par de veces ao día até tres veces á semana. Pode considerarse un trastorno segundo altere ou non a calidade de vida. O termo médico desta condición é constipación.

Concepto Unha persoa estrinxida ten menos evacuacións do normal. A defecación é dura e seca, e ás veces é doloroso expulsala. A persoa pode sentirse inchada e tensa.

Aínda que cada organismo ten un número regular de evacuacións, unha persoa saudable pode defecar sen problemas un mínimo de dúas veces ao día. Todo depende dos alimentos que consuma ou canto exercicio faga, ademais doutros factores.

Etioloxía O estrinximento non é unha doenza, senón un síntoma con moitas causas. A miúdo prodúcese por inxerir alimentos con pouca cantidade de fibra, falta de exercicio físico, inxesta de pouco líquido (sobre todo auga) ou demorar a defecación. Tamén é frecuente durante o embarazo. Algúns medicamentos poden causar estrinximento, como a codeína, certos antidepresivos que poden suprimir a acetilcolina e os opiáceos que poden retardar o movemento de alimentos no intestino. O estrinximento como resultado dunha escasa deambulación ou a inmobilidade debe ser considerado especialmente nos anciáns.

Diversas enfermidades poden provocar estrinximento, tales como: Dugdale III DC, Zieve D. Estreñimiento. MedlinePLus. 9/2/2012.

A síndrome do intestino irritable. A enfermidade celíaca. En ocasións, pode ser moi rechamante e constituír o síntoma principal. A sensibilidade ao glute non celíaca. O hipotiroidismo. Certos trastornos neurolóxicos. O cancro de colon.

Notas

Categoría:Termos médicos Categoría:Síntomas