A batalla de Anceu foi un enfrontamento no ano 825 entre as forzas cristiás do rei Afonso II fronte as tropas musulmás dirixidas por Abderramán II. O suceso tivo lugar en Anceu (Ponte Caldelas), a carón do río Oitavén.
A batalla A batalla forma parte dunha serie de batallas (batalla de Pedrafita e batalla de Naharon) relacionadas coa razzia enviada por Abderramán II a Galicia comandada por Al-Abdas e Malik al Qaisí co obxectivo de frear o avance cara ao sur de Afonso II. Esta terceira ofensiva, lanzada por Abderramán II tivo expedicións nos anos 823, 825 e 826.
Os invasores, xa en retirada, agocháronse na serra do Suído. Pola noite, os cristiáns comezaron unha serie de ataques de desgaste, enviaron bois cos cornos en chamas para sementar o pánico e a fatiga no campamento de Malik. Ao amencer as tropas cristiás atacaron destruíndo toda defensa musulmá, moi poucos lograron escapar.
Consecuencias A pesar de que Afonso II conseguiu a vitoria nas batallas, Abderramán II tamén conseguiu o seu obxectivo mantendo a Afonso II no norte. Despois desta batalla os musulmáns non volveron atacar ata pasados máis de trece anos.
Notas
Anceo Anceo Categoría:825 Categoría:Ponte Caldelas Anceo Categoría:Batallas do Reino de Galicia