O Club Natación Sarval Arteixo ou CN Arteixo é un club deportivo galego con base no concello de Arteixo no que se practica a natación e salvamento.
Historia O club nacau no mes de setembro do ano 2005, a partir da anterior sección de natación do Club de Atletismo de Arteixo. Este proceso de separación comezou na tempada 2002-03 co fin de darlle a posibilidade de continuar a práctica deportiva a nivel federado a un grupo de rapaces do concello, que en anos anteriores destacaran na campaña de natación escolar, promovida pola Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. No devandito programa escolar os rapaces de Arteixo acadaran varios títulos e autonómicos, mais este programa só se dirixía a rapaces dende os 8 os 12 anos de idade. Deste xeito a directiva do Club de Atletismo de Arteixo propúxolle a este grupo a posibilidade de continuar a práctica deportiva dando lugar á sección de natación do club.
Logros Nas últimas tempadas destacaron nadadoras como a Paula Otero, nada no 2004, ou María de Valdés, que compite na modalidade de augas abertas. Gañou unha medalla de prata no Campionato Europeo de Natación de 2022, na proba de 5 km
Notas
Categoría:Deporte en Arteixo Categoría:Clubs de natación e wáter-polo de Galicia