O Club Natación Ferrol ou CNF é un club deportivo galego con base na cidade de Ferrol no que se practica a natación.
Historia O CNF naceu no ano 1990 co obxectivo de fomentar e impulsar a práctica deportiva da natación en Ferrol. Polo club pasou o pentacampión do mundo de tríatlon, Xavier Gómez Noya, que dende o 2008, dá nome á piscina na que o CNF leva a cabo a súa actividade (a Piscina Xavier Gómez Noya, no polideportivo Xavier Gómez Noya, no barrio da Caranza).
O club creou a escola deportiva, na que moitos ferroláns aprenden a nadar. Actualmente o CNF participa en todas as ligas da Federación Galega de Natación e a nivel absoluto na División de Honra da Liga Galega de Clubs, na que participan os mellores Clubs de toda Galicia, así como a nivel nacional en todos os Campionatos de España que se celebran. No ano 2012 recibiu o premio ao mellor Club de Base de Ferrol concedido na Gala do Deporte Ferrolá.
Notas
Categoría:Deporte en Ferrol
Categoría:Clubs de natación e wáter-polo de Galicia Categoría:Deporte de Galicia sen imaxes