A aglutinación ou amálgama (raramente emprégase tamén o galicismo mot-valise), é un termo en lingüística que se refire a unha palabra ou morfema resultante da fusión de dúas palabras, normalmente unha perdendo a parte final e os outros perdendo a parte inicial (composición por aglutinación).
Por exemplo, é unha palabra formada por amálgama "augardente" que amalgama auga + ardente. Moitas veces estas palabras son neoloxismos.
A amálgama é o xeito de formar as formas conxugadas dos verbos.
A aglutinación difire da composición, outro proceso de formación de palabras, na medida en que a composición combina palabras completas sen modificar as súas formas, mentres que a aglutinación implica a perda de partes das palabras que se combinan. Confróntese tamén acrónimo.
Noutras linguas Noutras linguas, a aglutinación é moito máis común. Por exemplo, no alemán, é frecuente a formación de palabras longas a través da aglutinación, como "Donaudampfschiffahrtsgesellschaft", que combina varias palabras para referirse a unha "compañía de navegación de vapores do Danubio".
Llanfair Pwllgwyngyll unha vila da illa de Anglesey, en Gales, foi chamada por motivos publicitarios Llanfairpwllgwyngyllgogerychwyrndrobwllllantysiliogogogoch, facendo uso da amálgama.
Do mesmo xeito,Taumatawhakatangihangakoauauotamateaturipukakapikimaungahoronukupokaiwhenuakitanatahu é o topónimo maorí dun outeiro de Nova Zelandia, normalmente abreviado "Taumata". A tradución é: O cumio do outeiro, onde Tamatea, o home cos xeonllos grandes, coñecido como o comedor de terra, baixou, subiu e enguliu as montañas, mentres tocaba a frauta para a súa amada.
En galego hai amálgamas provenientes do inglés e doutras linguas, como bit - (binary + digit) ou Spanglish.
Notas
Véxase tamén
Acrónimo Amálgama (conxugación) Contracción Crase Palabra composta Palabra derivada Flexión (lingüística) Infinitivo flexionado
Ligazóns externas
Categoría:Formación de palabras