Albert Ventura Pedreño, nado o 7 de abril de 1992 en Badalona, é un xogador español de baloncesto internacional profesional. Formado nas categorías inferiores do Joventut Badalona, actualmente xoga para o HLA Alicante da Liga LEB. Cunha altura de 1,92 m, xoga na posición de escolta. É o terceiro xogador do Joventut con máis partidos disputados na ACB despois de Rafa Jofresa e Jordi Villacampa.
Traxectoria Nado en Badalona, Albert Ventura comezou xogando no colexio AE Minguella. Nun partido contra o Joventut, o principal equipo da súa cidade natal, o equipo fixouse nel e fichouno para ás súas categorías inferiores. Despois de xogar no CB Prat, filial do primeiro equipo, en LEB Prata, debuta na Liga ACB o 27 de marzo de 2011 ante o Meridiano Alicante. No ano 2012 sube definitivamente ao primeiro equipo, onde acaba por converterse no capitán e no terceiro xogador do club con máis xogos disputados despois de Rafa Jofresa e Jordi Villacampa. O 25 de xullo de 2023, despois de trece temporadas no club catalán, anúnciase a súa fichaxe polo Río Breogán.
Clubs Ao longo da súa carreira, Ventura ten xogado para os seguintes equipos profesionais: CB Prat (LEB Prata, 2010–2012) Joventut Badalona (ACB / Eurocup, 2011−2023) CB Breogán (ACB / BCL, 2022−presente)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en acb.com Perfil en Proballers
Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados en Badalona Categoría:Xogadores de baloncesto de España Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do CB Prat Categoría:Xogadores do Joventut Badalona Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Xogadores da selección de baloncesto de España