CD64 (o grupo ou Cluster de Diferenciación 64) é un tipo de glicoproteína integral de membrana que funciona como receptor de Fc que se une a anticorpos IgG monómeros con alta afinidade. É máis coñecido como receptor de FC-gamma 1 (FcγRI). Despois de unirse a IgG, CD64 interacciona cunha cadea accesoria coñecida como cadea γ común (cadea γ), que posúe un motivo ITAM que é necesario para desencadear a activación celular.

Estruturalmente, o CD64 está composto dun péptido sinal que permite o seu transporte á superficie da célula, tres dominios de inmunoglobulina extracelulares de tipo C2, que se usa para unirse ao anticorpo, un dominio transmembrana hidrófobo e unha curta cola citoplasmática.

O CD64 encóntrase constitutivamente só en macrófagos e monocitos, pero o tratamento de leucocitos polimorfonucleares con citocinas como IFNγ e G-CSF pode inducir a expresión de CD64 nestas células.

Hai tres xenes humanos distintos (pero moi similares) para o CD64 chamados FcγRIA (CD64A), FcγRIB (CD64B) e FcγRIC (CD64C), que están localizados no cromosoma 1. Estes tres xenes producen seis transcritos de ARNm diferentes; dous do CD64A, tres do CD64B e un do CD64C; por empalme alternativo.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Antíxenos CD