Gustave de Ponton d'Amécourt, nado en París o 16 de agosto de 1825 e finado en Trilport, Illa de Francia, o 20 de xaneiro de 1888, foi un inventor, numismático e arqueólogo francés.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Gustave de Ponton d'Amécourt naceu en París en 1825, fillo de Marie-Elisabeth-Madeleine Collette de Baudicour e do oficial Antoine-Louis-Marie de Ponton d'Amécourt."Personnes remarcables: Gustave Vicomte de Ponton d’Amécourt et Nadar". Famille-damecourt.com
Estudou matemáticas, sánscrito, grego e latín, no colexio da rúa Vaugirard, así como numismática e arqueoloxía, o que o levou a ser considerado como un dos eruditos do seu tempo.
Numismática Interesouse pola numismática desde moi novo; a súa primeira publicación neste eido foi unha carta a Louis de la Saussaye datada o 27 de decembro de 1852, acerca dunha moeda gala, que apareceu na Revue Numismatique en 1853."Gustave Ponton d’Amécourt ". Comité d'histoire. Bibliothèque nationale de France.Revue Numismatique. 1853. Páxinas 81-82.
Presidiu a Sociedade Histórica e Arqueolóxica de Maine, e tamén pertenceu ao grupo de fundadores da Sociedade Francesa de Numismática, ademais do seu primeiro presidente, desde 1865 ata a súa morte."Les présidents de la SFN". Société française de numismatique.Le Rider, G. et al. "La Société française de numismatique : 1865-1965". En Revue Numismatique. 1965. Páxina 24. Tamén pertenceu á Sociedade Real de Numismática de Bélxica, que o 5 de xullo de 1868 o nomeou membro honorario,De Schodt (1888). Páxina 366. e da Sociedade de Lingüística de París, desde 1867.Memoires de la Société de linguistique de Paris. Vol. 10. 1898. Páxina xxiii.
Entre as súas investigacións cómpre salientar varios estudos en profundidade acerca das moedas merovinxias, que foron publicados en diversos volumes. En 1857, comprou o tesouro de Imphy e descubriu un centenar de diñeiros carolinxios, que segue a ser o tesouro monetario máis importante do reinado de Pipino o Breve e de comezos do de Carlomagno.Prévost de Longpérier, A. (1858). "Cent deniers de Pépin, de Carloman et de Charlemagne trouvés près d'Imphy en Nivernais". En Revue Numismatique. Tomo III. París. Páxinas 202-262.
Como coleccionista numismático, Ponton d'Amécourt reuniu unha importante colección de moedas de ouro romanas, e expuxo 645 delas na Exposición Universal de París de 1878.De Schodt (1888). Páxina 365. O catálogo da súa venda (1887) contabiliza case un milleiro de exemplares.Collection de M. le vicomte de Ponton d'Amécourt. Monnaies d'or romaines et byzantines. Rollin et Feuardent, París, 1887 Unha parte destas moedas foi adquirida para o Gabinete de Medallas do Museo de Belas Artes de Lión.Planet, F. (1992). La monnaie - la cité : l'histoire : Le Médaillier. Réunion des musées nationaux. Páxina 30. ISBN 2-7118-2572-8
Con todo, o foco principal tanto da súa colección era a moeda merovinxia, cuxo estudo lle serviu como base para varias publicacións, e que puxo ao dispor doutros eruditos da época, como Anatole de Barthélemy ou Etienne Cartier. O seu amplo coñecemento destas emisións levouno a ser invitado pola Royal Numismatic Society para pronunciar unha conferencia en Londres acerca das moedas merovinxias do tesouro de Crondall.
As súas coleccións numismáticas foron postas á venda en diversas ocasións entre 1886 e 1890."Prix de vente de la collection de Ponton d'Amécourt". [Extrait de] Revue Numismatique. 2º trimestre de 1887. Collection de feu M. le vicomte de Ponton d'Amécourt. Monnaies Mérovingiennes. Rollin et Feuardent, París, 1890. En 1889, un lote de 1.131 moedas merovinxias da súa colección foi adquirido polo Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia por 180.000 francos aos seus herdeiros.Revue numismatique. Tomo VII. 1889. Páxina 464.Prou, M. (1890). Inventaire sommaire des monnaies mérovingiennes de la collection d’Amécourt acquises par la Bibliothèque nationale. Rollin et Feuardent, París. O ano anterior, a súa viúva doáralle a esta institución diversos folletos e libros que pertenceran á biblioteca do seu marido.
Aeronáutica esquerda|miniatura|A súa chère hélice, un prototipo do helicóptero, fotografada por Nadar en 1863.
Gustave de Ponton d'Amécourt creou con éxito un dos primeiros prototipos de helicóptero ao deseñar en 1861, xunto co seu amigo Gabriel de La Landelle, a súa chère hélice ( "querida hélice"), un pequeno enxeño experimental de aeróstato cun rotor contrarrotatorio, dúas hélices aéreas coaxiais e unha máquina de vapor de dous cilindros"L'helicoptere a vapeur de Ponton d'Amecourt". En Ulyse. Machines a vapeur insolites. Páxinas 38-41.Leroy, T. (2007). "L'hélicoptère : une invention prometteuse au XIXe siècle". En Pour la Science. 1 de maio. —cuxa caldeira supuxo un dos primeiros usos do aluminio— inspirado en antecedentes como as hélices volantes e os ornitópteros dos manuscritos de Leonardo da Vinci da década de 1480, e tamén na "libélula de bambú" chinesa do século IV, e nos seus primeiros prototipos de estudos de hélices aéreas."Maquettes d'hélicoptère de Ponton d'Amécourt". Bibliothèque nationale de France."Maquette d'hélicoptère de Ponton d'Amécourt, avec parachute". Bibliothèque nationale de France.
El foi o creador da palabra "helicóptero" (hélicoptère, en francés), a partir do grego antigo έλιξ, έλικος ou helix ("espiral" ou "hélice") e πτερὸν ou pteron ("á"). O termo apareceu por primeira vez o 3 de agosto de 1861 nunha solicitude de patente no Reino Unido, e despois o 16 de abril de 1862, nun certificado de adición á patente 49.077, presentada orixinalmente o 3 de abril de 1861 en Francia, na que só se mencionaba o termo aéronef. Por analoxía coa palabra "navegación", el e Gabriel de La Landelle crearon tamén a palabra "aviación", a partir do latín avis ("paxaro")."Néologismes, définitions". En De la Landelle, G. 1863. Aviation ou navigation aérienne. Dentu, París. Páxinas 7-8.
O aparello foi fotografado en 1863 polo seu amigo, o fotógrafo Félix Tournachon, máis coñecido como Nadar, un pioneiro da fotografía aérea. Xuntos fundaron a Sociedade de Fomento da Locomoción Aérea con Medios Máis Pesados que o Aire, en París, en 1863, xunto con Gabriel de La Landelle e co seu amigo o novelista Jules Verne, que se inspirou neste invento para crear o seu imaxinario barco voador "Albatros", de 30 m de eslora, con 37 mastros, propulsado por 74 hélices dobres con motores eléctricos mais dous motores eléctricos con hélices dianteiras e traseiras, para a súa novela de ciencia ficción Robur-le-Conquérant ("Robur o conquistador"), de 1886.
Ideoloxía
Gustave de Ponton d'Amécourt foi un conservador e monárquico militante, así como un fervente cristián. Significouse durante a guerra franco-prusiana de 1870 e na loita contra as leis anticongregacionistas. A súa militancia política levouno a ser nomeado alcalde de vila de Trilport, en Sena e Marne, cargo que exerceu entre 1855 e 1876.miniatura|260x260px|Placa en homenaxe a Gustave de Ponton d'Amécourt en Trilport. Vida persoal Gustave de Ponton d'Amécourt casou con Anne-Marie Dumont de Signéville, filla de Victoire Haudos de Possesse e de François Dumont de Signéville.
Finou en Trilport, unha localidade da Illa de Francia próxima a París, o 20 de xaneiro de 1888, aos 62 anos.De Schodt (1888). Páxina 364.Acta de defunción. 1888. Nº 3. Páxina 53. Archives-en-ligne.seine-et-marne.fr Foi soterrado no cemiterio desa localidade.
Na súa memoria colocouse unha placa conmemorativa na praza principal de Trilport e, en xullo de 2009 inaugurouse nesa vila o Parque Gustave de Ponton d’Amécourt."Inauguration du Parc Gustave de Ponton d’Amécourt à Trilport, en Seine et Marne". Yves-damecourt.com. 15 de xullo de 2009
Publicacións
Numismática (1862). Monnaies mérovingiennes du palais et de l'école. Rollin et Feuardent, París. (1864). Essai sur la numismatique mérovingienne comparée à la géographie de Grégoire de Tours. Rollin et Feuardent, París. (1865). Compte-rendu d'une excursion archéologique dans Seine et Marne. Société d'Archéologie, et d'Archéologie, Sciences, Lettres et Arts du département de Seine-et-Marne. (1866). Excursion numismatique dans la Bourgogne du VII° siècle et sur les frontières de L'Austrasie. Société française de Numismatique et d'Archéologie. (1870). Recherches sur les monnaies mérovingiennes de Touraine. Société française de Numismatique et d'Archéologie. (1873). Recherches sur l'origine et filiation des types des prmières monnaies carolingiennes. (1874). Description raisonnée des monnaies mérovingiennes de Chalon-sur-Saône. Société française de Numismatique et d'Archéologie. (1883). Recherche des monnaies mérovingiennes du Cenomannicum. Fleury & Dangin, Mamers. (1883). Monnaies mérovingiennes du Gévaudan (con E. Moré de Préviala). Pillet et Dumoulin, París. (1885). Monnaies de l'École palatine.
Aeronáutica
(1863). La Conquête de l’air par l’hélice, exposé d’un nouveau système d’aviation. París. (1864). Collection de mémoires sur la locomotion aérienne sans ballons. Gauthier-Villars, París.
Outros
(1875). Vies de saints, traitées au point de vue de la géographie historique. Le Clere, París.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Bardon, M. (1983). Un précurseur oublié: Gustave de Ponton d'Amécourt. Meaux. Caron, E. (1888). "Le Vicomte Gustave de Ponton d’Amécourt". En Annuaire de la Société Française de Numismatique. Páxinas 90-99. Duchesne, J. (1864). Exposé de divers systèmes de navigation aérienne et réfutation de l’hélicoptère Nadar, Ponton d’Amécourt et de La Landelle. É. Dentu, París. D’Amécourt, Y. (2002). "Gustave de Ponton d'Amécourt. Mon arrière arrière-grand-père... un héros!". En Hélico Revue, 53. Marzo-maio. Páxinas 39-42. Prémilly, J. (1884). "Ponton d’Amécourt (Le vicomte Gustave de)… ". En Tablettes biographiques. Outubro. De Schodt (1888). "De Ponton d'Amécourt". En Revue Belge de Numismatique. 44º ano. Société Royale de Numismatique. Bruxelas. Páxinas 364-366.
Categoría:Nados en 1825 Categoría:Finados en 1957 Categoría:Nados en París Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Membros da Sociedade Francesa de Numismática Categoría:Arqueólogos de Francia Categoría:Inventores de Francia Categoría:Enxeñeiros de Francia Categoría:Pioneiros da aviación Categoría:Coleccionistas Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra Categoría:Presidentes da Sociedade Francesa de Numismática