A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol (en ) é un filme español de animación en 3D de 2010 dirixido por Àlex Colls. Baséase na serie de animación A tropa de trapo que se emitiu en galego na TVG. Os protagonistas son animais que combinan a graza coa inocencia. O guión foi escrito Lola Beccaria. Os personaxes e a escenografía son de Marc Clamens e Laurence Jammes, ilustradores e deseñadores gráficos franceses de libros infantís. Este filme foi a primeira experiencia do cinema español en animación 3D para o público infantil. Foi un proxecto presentado na Semana Internacional de Cine de Valladolid (SEMINCI) dese mesmo ano. Estreouse en galego.
Sinopse Ao igual que na serie, o filme está protagonizado por Mumu, Rita, Milo, Talalo, Olga e Alfred, un grupo de bonecos de trapo. Nesta historia, a vaquiña Mumu emprende unha viaxe para conseguir o seu soño: converterse nunha super estrela.La tropa de trapo en el país donde siempre brilla el sol, Fotogramas
Galardóns e nomenatos Premio Gaudí ao mellor filme de animación'Pa negre' eclipsa la nit dels Gaudí, ara.cat, 18 de xaneiro de 2011 Nomeamento ao Premio Goya á mellor película de animaciónLa tropa de trapo en el país donde siempre brilla el sol, na web dos Goya Nomeamento na 9ª edición dos Premios Mestre Mateo á mellor música orixinal.PREESTREA DE “A TROPA DE TRAPO NO PAÍS ONDE SEMPRE BRILLA O SOL”, web da Academia Galega Premio Jerry Goldsmith á mellor banda sonoraA banda sonora de “A Tropa de Trapo”, longametraxe participada pola TVG, obtén o Premio Jerry Goldsmith 2011, crtvg.es, 17 de xullo de 2011 Premio Internacional no Garden State Film Festival
Notas
Categoría:Filmes de 2010 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes de 2010 con versión en galego