2025 (MMXXV) foi un ano común do calendario gregoriano dentro do século XXI, comezado en mércores. É o vixésimo quinto ano do século XXI e do terceiro milenio.
Acontecementos
19 de xaneiro: entrada en vigor do acordo de alto o fogo entre Hamas e Israel. 20 de xaneiro: segunda investidura e toma de posesión de Donald Trump, 47º presidente dos Estados Unidos. 28 de marzo: un sismo en Myanmar causa máis de 5 000 vítimas mortais. Véxase: "Terremoto de Myanmar de 2025". 2 de abril: unha crise financeira afecta ao mercado de valores dos EEUU. A causa principal foi a imposición de taxas promovida polo presidente Trump. Véxase: "colapso bolsista de 2025". 3 de abril: Hungría retírase da Corte Penal Internacional. 8 de abril: en República Dominicana, o teito da discoteca Jet Set derrúbase durante un concerto, deixando máis de 200 mortos. 28 de abril: un gran apagamento eléctrico afecta durante horas á Península Ibérica. 8 de maio: o cardeal norteamericano Robert Francis Prevost Martínez é elixido papa da Igrexa católica co nome de León XIV.
Mortes Artigo principal: Finados en 2025. Xaneiro 1 de xaneiro: David Lodge, 89 anos, escritor británico. 7 de xaneiro: Jean-Marie Le Pen, 96 anos, político francés.Jean-Marie Le Pen, French far-right leader, dies aged 96 8 de xaneiro: Eladio Osorio, 82 anos, político, ex alcalde do Castro de Caldelas. 9 de xaneiro: Manuel Elkin Patarroyo, 78 anos, patólogo colombiano. 13 de xaneiro: Álvaro Rodríguez Eiras, 92 anos, político e empresario. 16 de xaneiro: David Lynch, 78 anos, director de cine estadounidense. 16 de xaneiro: Xesús Pérez Varela, 75 anos, político e xornalista. 17 de xaneiro: Denis Law, 84 anos, futbolista escocés. 18 de xaneiro: Bernardino Graña, 92 anos, escritor. 22 de xaneiro: Xosé Manuel Piñeiro, 68 anos, presentador de televisión. 26 de xaneiro: César Lombera, 71 anos, actor, director de escena e escultor. 30 de xaneiro: Marianne Faithfull, 78 anos, cantante, compositora e actriz inglesa.Singer Marianne Faithfull dies at 78
Febreiro 1 de febreiro: Horst Köhler, 81 anos, economista e político alemán, presidente de Alemaña (2004-2010). 3 de febreiro: Helga de Alvear, galerista e coleccionista de arte (n. 1936). 18 de febreiro: Gene Hackman, actor e escritor estadounidense (n. 1930). 24 de febreiro: Roberta Flack, cantante de soul e quiet storm estadounidense (n. 1937).
Marzo 29 de marzo: Richard Chamberlain, actor estadounidense (n. 1934).
Abril 1 de abril: Val Kilmer, actor estadounidense (n. 1959). 10 de abril: Leo Beenhakker, adestrador de fútbol neerlandés (n. 1942). 13 de abril: Mario Vargas Llosa, escritor e político peruano, premio Nobel de Literatura en 2010 (n. 1936).
Maio 13 de maio: Pepe Mujica, político uruguaio. Presidente do Uruguai de 2010 a 2015 (n. 1935). 19 de maio: Manuel Torreiglesias, xornalista e escritor galego (n. 1941).
Xuño 4 de xuño: Marc Garneau, astronauta e ministro canadense (n. 1949).
Xullo 3 de xullo: Michael Madsen, actor estadounidense (n. 1957). 8 de xullo: Suso Díaz Díaz, sindicalista galego (n. 1944). 8 de xullo: Enrique Nicanor, produtor, director, escritor e debuxante galego de cine e televisión (n. 1944).
Agosto
1 de agosto: Jonathan Kaplan, produtor e director franco-estadounidense (n. 1947). 3 de agosto: Loni Anderson, actriz estadounidense (n. 1945) 5 de agosto: Terry Reid, guitarrista inglés (n. 1949) 10 de agosto: Manuel Lourenzo, actor e dramaturgo galego (n. 1943). miniatura|Giorgio Armani.
Setembro 4 de setembro: Giorgio Armani, deseñador de moda e empresario italiano (n. 1934). 6 de setembro: Rick Davies, cantante, compositor e tecladista de rock británico (n. 1944).
Outubro 1 de outubro: Jane Goodall, zoóloga e antropóloga británica (n. 1934). 2 de outubro: Ramón Yzquierdo Perrín, historiador da arte galego (n. 1948). 18 de outubro: Maribel Longueira, artista e fotógrafa galega (n. 1951). miniatura|Rob Reiner.
Novembro 6 de novembro: James Watson, biólogo e zoólogo estadounidense (n. en 1928). 17 de novembro: Marcos Vizcaya, avogado e político vasco (n. 1947).
Decembro 13 de decembro: Héctor Alterio, actor arxentino nacionalizado español (n. 1929). 14 de decembro: Rob Reiner, actor e director de cine estadounidense (n. 1947). 15 de decembro: Ángel González Adrio, xogador de baloncesto galego (n. 1931). 20 de decembro: Celso Bugallo, actor galego (n. 1947). 28 de decembro: Brigitte Bardot, actriz francesa (n. 1934). miniatura|A pandeireteiras de Mens na praza da Quintana (Santiago de Compostela) con Manuel Cajaraville, director da agrupación folclórica Aturuxo da Coruña. Día das letras galegas dedicado a: Ás cantareiras e á poesía popular, nomeando a Adolfina e Rosa Casás Rama de xullo (de Cerceda), Eva Castiñeira (de Muxía), e as Pandeireteiras de Mens: Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda e mais Manuela Lema Villar (de Malpica de Bergantiños).
Festas e celebracións Ano Castelao . A Seo-BirdLife nomeou o gabeador vermello (Tichodroma muraria) como a Ave do Ano 2025.. A Organización das Nacións Unidas acordou dedicar o ano 2025 como o Ano Internacional da Preservación dos Glaciares.. O Goberno de España declarou o ano 2025 como Ano do Pobo Xitano para conmemorar a súa chegada á península ibérica hai 600 anos."La Voz de la escuela", suplemento semanal de La Voz de Galicia, 26.03.2025.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Finados en 2025 Historia ano a ano
Categoría:2025