Bardo, falsa crónica de unas cuantas verdades, ou sinxelamente Bardo, é un filme mexicano de 2022 coescrito, editado, producido e dirixido por Alejandro González Iñárritu. O filme está protagonizado por Daniel Giménez Cacho xunto a Griselda Siciliani, e conta a historia dun xornalista/documentalista que regresa a México e comeza a ter unha crise existencial en forma de visións oníricas. O título fai referencia ao concepto budista bardo, un estado limiar entre a morte e o renacemento. É o primeiro filme de Iñárritu rodado completamente en México dende Amores perros en 2000.

Bardo estreouse na 79ª edición do Festival de Venecia para competir polo León de Ouro o 1 de setembro de 2022, e estreouse nos cinemas o 18 de novembro de 2022. Estreouse posteriormente en liña a través de Netflix o 16 de decembro de 2022. Recibiu valoracións polarizadas da crítica, que eloxiou as actuacións, a fotografía e a dirección, mais estaban divididas na súa escritura e duración. Foi escollido como candidato de México para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios, clasificándose na lista curta de decembro. Foi nomeado na categoría de mellor fotografía.

Personaxes Daniel Giménez Cacho como Silverio Gama Diego Tello de Meneses como Silverio con 11 anos Griselda Siciliani como Lucía Gama Ximena Lamadrid como Camila Gama Iker Sanchez Solano como Lorenzo Gama Jay O. Sanders como embaixador Jones Andrés Almeida como Martín Francisco Rubio como Luis Rubén Zamora como irmán de Silverio Mar Carrera como Lucero Fabiola Guajardo como Tania Daniel Damuzi como Antonio José Antonio Toledano como Juan Escutia María Cobar como sobriña Fernanda Borches como presentador

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes propostos ó mellor filme internacional na 95ª edición dos Óscar Filmes de México propostos ó Óscar ó mellor filme internacional

Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de México Categoría:Filmes dirixidos por Alejandro González Iñárritu Categoría:Filmes ambientados en México