Alfonso Gómez Cruz, coñecido só como Alfonso Gómez, nado en Corme (Ponteceso) o 27 de xullo de 1960, é un político suízo de orixe galega.

Traxectoria Alfonso Gómez, neto dun mestre republicano represaliado polo franquismo, criouse en Corme até os 14 anos. Naquela altura marchou emigrado a Suíza canda a súa familia, alí militou no Partido Socialista até o ano 2004. Naquel ano abandonou o partido, incorporándose ao grupo dos Verdes do Cantón de Xenebra. De 2012 a 2016 foi primeiro vicepresidente e despois presidente do seu partido no seu cantón. Entre 2013 e 2020 traballou como concelleiro na súa cidade, sendo escollido, neste último ano, para o goberno da urbe (Conseil administratif). O sistema político suízo establece que a cidade sexa rexida por un equipo de cinco conselleiros que rotan no posto de alcalde. A Alfonso correspondeulle a alcaldía a partir de xuño de 2023.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados en Ponteceso Categoría:Nados en 1960 Categoría:Políticos de Suíza Categoría:Galegos de Suíza Categoría:Políticos verdes