Irene Martínez Santiago, nada na Coruña o 14 de setembro de 1993, é unha deportista galega que compite en halterofilia. Considerada a mellor deportista galega da historia na súa especialidade, foi 12 veces campioa de España, bronce no Campionato de Europa de 2018 e bronce nos Xogos Mediterráneos do mesmo ano. Disputou sete veces o Campionato do Mundo e nove veces o Campionato de Europa.
Traxectoria Nada e criada no lugar coruñés de San Pedro de Visma, comezou a practicar halterofilia aos 13 anos na súa cidade, ata que aos 15 se instalou en Madrid, no Centro de Alto Rendemento. Foi 12 veces campioa de España e ostenta o récord de España na categoría de 59 kg, tanto de arrancada como do total olímpico.
Disputou sete veces o Campionato do Mundo e nove o de Europa, conseguindo a medalla de bronce no Europeo celebrado en 2018 en Bucarest, na categoría de 63 kg. Ese mesmo ano gañou a medalla de bronce nos Xogos Mediterráneos disputados en Tarragona.
Notas
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1993 Categoría:Halterófilos de Galicia