Denis López López, nado en Caión o 5 de outubro de 1994, é un futbolista galego, que xoga como dianteiro no San Tirso, da Preferente Galicia.

Traxectoria Formouse como futbolista na canteira do Deportivo da Coruña, no que ingresou en idade cadete. Aos 18 anos debutou na Terceira División, nas filas do Laracha, no que xogou un ano, antes de fichar polo Bergantiños. No club de Carballo militou durante as tempadas 2014/15 e 2015/16, ambas en Terceira. Durante a campaña 2016/17 xogou no Atlético Arteixo, de Preferente, e marcou un total de 19 goles, sendo o terceiro máximo goleador da liga, só por detrás de Miguel Taibo (Laracha) e Cuadrado (Polvorín).

A continuación xogou unha campaña no Polvorín, proclamándose campión de Preferente, e media de novo no Atlético Arteixo, antes de fichar en xaneiro de 2019 polo Racing Vilalbés, de Terceira. Posteriormente regresou ao Laracha e pasou polo Montañeros, recalando en 2021 no San Tirso. Na súa segunda campaña en Mabegondo chegou á derradeira xornada de Preferente como terceiro máximo goleador da liga con 18 goles, a cinco dianas de Pedro Beda (Boiro) e Juan de Dora (Betanzos). A pesar de que Beda anotou dous goles máis na última xornada, foi Denis quen acabou proclamándose máximo goleador do campionato, grazas aos seus oito goles na última xornada diante do Fisterra en Ara Solis, nun encontro que acabou 0-10.

Palmarés Polvorín Preferente Galicia (1): 2017/18.

San Tirso Máximo goleador da Preferente Galicia (1): 2022/23 (26 goles).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en LaPreferente .

Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados na Laracha Categoría:Futbolistas da Laracha Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Laracha CF Categoría:Xogadores do Bergantiños FC Categoría:Xogadores do Atlético Arteixo Categoría:Xogadores do CD Lugo B Categoría:Xogadores do Racing Vilalbés Categoría:Xogadores do Montañeros CF Categoría:Xogadores do San Tirso SD