Brenda Putnam, nada en Minneapolis, Minnesota, o 3 de xuño de 1890, e finada en Concord, Nova Hampshire, o 18 de outubro de 1975, foi unha escultora, medallista e deseñadora de moeda estadounidense.

Traxectoria

Orixes e formación

Brenda Putnam era filla de Charlotte Elizabeth Munroe e do bibliotecario do Congreso dos Estados Unidos, Herbert Putnam, e neta do editor George Palmer Putnam."[Shirley Putnam and Brenda Putnam, ages 11 and 8, on shore at Annisquam, Mass.]". Library of Congress, Washington, D.C.

Asistiu á National Cathedral School de Washington, onde adquiriu as súas primeiras aprendizaxes sobre a escultura."Brenda's Book". En Time. 26 de xuño de 1939. Igualmente, formouse como pianista clásica e realizou algunhas xiras coa violinista Edith Rubel e a violoncellista Marie Roemaet, formando parte do Edith Rubel Trio.Musical Courier and Review of Recorded Music. 1917. Páxinas 41, 48, 53."The prelude (ca. 1917)". Library of the Congress.

Estudou na Escola do Museo de Belas Artes de Boston entre 1905 e 1907, con Mary E. Moore, William McGregor Paxton e Bela Pratt; e despois, durante tres anos, na Liga de Estudantes de Arte de Nova York, con James Earle Fraser. Tamén se formou na Escola de Arte do Museo Corcoran, de Washington."Brenda Putnam ". National Academy of Design.

Primeiros traballos Nos inicios da súa carreira, Putnam destacou polos seus bustos de cativos e polas súas figuras de xardín e de fonte. En 1915 expuxo na Academia Nacional de Deseño unha obra abertamente sensual, Charmides [Dialogue], consistente nunha muller e un home espidos durmindo xuntos, que foi descrita como "ao estilo de Rodin"."The Naked and the Nude". En American Art News. Vol. 14. Nº 12. 12 de decembro. Páxina 2. Para conmemorar a tumba da súa amiga íntima, a pianista Anne Simon, creou unha obra profunda: o Simon Memorial (1917), un anxo masculino espido que se ergue extasiado das nubes."Inspiring Sculptured Tribute to the Late Mrs. Anne Simon". En Musical America. Music Publications, Limited. Vol. 28. Nº 15. 10 de agosto de 1918. Páxina 33.

miniatura|300x300px|Brenda Putnam coa súa obra Bust of Jean."Jean, possibly Jean Potter [sculpture]". Photograph Study Collection. American Art Museum. Smithsonian Institution.

Modelou unha serie de bustos de músicos, entre eles o do director da Metropolitan Opera, Artur Bodanzky,"Artur Bodanzky". Image Delivery Services. Smithsonian Institution. o do pianista ruso Ossip Gabrilowitsch,"Ossip Gabrilowitsch". Image Delivery Services. Smithsonian Institution. o do pianista británico Harold Bauer,"Harold Bauer". Image Delivery Services. Smithsonian Institution. e o da clavecinista polaca Wanda Landowska. O seu busto do violoncellista catalán Pau Casals foi moi eloxiado:"Putnam, Brenda, N.A., Sculptor". En Encyclopedia of American Biography. Volume 11. American Historical Society, 1940. Páxinas 548-550.

O seu Sea Horse Sundial (1922)"Sea Horse Sundial [sculpture]". Photography Studio Collection. American Art Museum. Smithsonian Institution. —un querubín alado que cabalga alegremente sobre un cabalo de mar, en tanto que o pau do xoguete proxecta a súa sombra sobre o reloxo de sol— foi moi eloxiado e recibiu premios da Academia Nacional de Deseño, da Academia de Belas Artes de Pensilvania e doutras institucións. Tamén acadou éxito co seu retrato en baixorrelevo de tamaño natural de William Dean Howells (1926), para a Academia das Artes e das Ciencias.

Cara a 1920, a escultora Anna Hyatt e Putnam alugaron un apartamento e un estudio no número 49 oeste da rúa 12, en Manhattan.Eden, M. G. (1987). Energy and Individuality in the Art of Anna Huntington, Sculptor and Amy Beach, Composer. Scarecrow Press. ISBN 978-0-8108-1916-0 Hyatt casou co millonario Archer Milton Huntington en 1923 —o casamento celebrouse no estudio— e o matrimonio converteuse en gran mecenas das artea. En 1931 fundaron Brookgreen Gardens, un vasto xardín de esculturas en Murrells Inlet, Carolina do Sur.Proske, B. G. (1995). The Early Years of the Hispanic Society of America. The J. Paul Getty Trust. Páxinas 34, 52 (Proske foi unha das alumnas de Brenda Putnam).

Unha estética máis moderna Putnam sentiuse insatisfeita coa escultura académica convencional. O seu desexo de perseguir "unha estética máis moderna" levouna a Italia en 1927, onde estudou con Libero Andreotti, e máis tarde a Nova York, con Alexander Archipenko.

miniatura|Réplica en aluminio da escultura na biblioteca Folger Shakespeare, de Washington (ao nordés do Capitolio dos EEUU), obra de Brenda Putnam (1932).

Colaborou co arquitecto Paul Philippe Cret na fonte estilo Art Déco do personaxe Puck (1930-1932), para o xardín oeste da biblioteca Folger Shakespeare de Washington.Rubinstein, C. S. (1990). American Women Sculptors: A History of Women Working in Three Dimensions. G.K. Hall. Páxinas 248-249. ISBN 978-0816187324 Debaixo da súa figura de Puck está inscrito o famoso verso do elfo de Soño dunha noite de San Xoán: "Que parvos son estes mortais". A escultura de mármore, danada pola chuvia ácida e o vandalismo, foi retirada en 2001, restaurada e colocada no interior da biblioteca, e utilizouse para fundir unha réplica de aluminio que se colocou sobre a fonte en 2002.Miller, N. M. (2002). "The Folger's Happy Mending". En The Washington Post. 10 de xaneiro de 2002.

Putnam expuxo tres obras con motivo dos Xogos Olímpicos de verán de 1932 nos Ánxeles, California."Brenda Putnam". SR Olympic Sports (Sports-reference.com)."Brenda Putnam". Olympedia. Tamén realizou murais en baixorrelevo para dúas oficinas de correos dos Estados Unidos no marco da Works Progress Administration."Artist: Brenda Putnam". Smithsonian American Art Museum. A súa figura para fonte titulada Crest of the Wave (1939), un espido masculino de gran tamaño nadando sobre unha onda estilizada, debutou na Feira Mundial de Nova York de 1939.

Putnam lesionouse gravemente nun brazo por mor dun accidente laboral durante a II guerra mundial, polo que a partir de entón deixou de crear obras de gran tamaño e centrouse en bustos e pezas máis pequenas.Fielding, M.; Opitz, G. B. eds. (1986). Mantle Fielding's Dictionary of American Painters, Sculptors and Engravers. Apollo Press, Poughkeepsie. 1986. ISBN 978-0938290025

En 1942, participou na 26ª emisión de medallas da Sociedade de Medallistas. Recibiu a encarga de crear a Medalla de Oro do Congreso ao Almirante Ernest Joseph King (1945-1946), concedida por unha lei especial do Congreso, o 22 de marzo de 1946, polo distinguido liderado do Almirante King das Forzas Navais de EE.UU. na segunda guerra mundial.Congressional Gold Medals, 1776-2009. DIANE Publishing. Páxina 9. ISBN 978-1-4379-2906-5 Creou tamén tres bustos retrato en baixorrelevo (1949-1950) para a Cámara de Representantes do Capitolio dos Estados Unidos. A súa derradeira última escultura foi o busto de Susan B. Anthony (1952) para o Salón da Fama dos Grandes Estadounidenses.

Putnam fixera a transición estilística desde o académico á Art Déco, pero non era partidaria do Modernismo de posguerra. En 1952, o Metropolitan Museum of Art anunciou a súa intención de ampliar os seus fondos de escultura contemporánea e, en representación da conservadora National Sculpture Society, á que ela pertencía, Putnam avogou vehementemente por que o museo adquirise obras realistas.Filreis, A. (2012). Counter-revolution of the Word. University of North Carolina Press. Páxinas 225-26. ISBN 978-1-4696-0663-7

Profesora e autora Putnam dedicouse durante 30 anos ao ensino en diversas institucións e a título privado, experiencia que plasmou no seu libro The Sculptor's Way: A Guide to Modeling and Sculpture, publicado por primeira vez en 1939,Putnam, B. (1939). The Sculptor's Way: A Guide to Modelling and Sculpture. Farrar & Rinehart. Nova York. que segue a ser considerado un clásico na materia e que se reimprimiu en 2003.Putnam, B. (2003). The Sculptor's Way: A Guide to Modelling and Sculpture. Dover Publications, Mineola. ISBN 0-486-42313-1 Tamén foi autora de Animal X-Rays: A Skeleton Key to Comparative Anatomy, publicado en 1947.Putnam, B. (1947). Animal X-Rays: A Skeleton Key to Comparative Anatomy. G.P. Putnam's Sons

Entre as súas alumnas cómpre salientar a Elfriede Abbe,"Obituary: Elfriede Abbe". En The Bennington Banner. Vermont. 19 de xaneiro de 2013. Laura Gilpin,Sandweiss, M. (1986). Laura Gilpin, An Enduring Grace. Amon Carter Museum, Ft Worth. Páxinas 13, 30. ISBN 978-0883600771 Ethel Painter Hood "Ethel Painter Hood (1906-1982)". George Stern Fine Arts. ou Beatrice Gilman Proske.

Morte e legado Putnam nunca casou e mantivo unha longa amizade con varios dos seus alumnos. Retirouse a Wilton, Connecticut, a principios da década de 1950. En 1971 trasladouse a Concord, Nova Hampshire, onde morreu o 18 de outubro de 1975, aos 85 anos."Brenda Putnam, 85, Sculptor, is dead". En The New York Times. 2 de novembro de 1975.

Hai obras súas nas coleccións do Metropolitan Museum of Art, na National Gallery of Art, no American Art Museum do Instituto Smithsoniano e noutros moitos museos. En Brookgreen Gardens consérvanse tamén varias das súas obras."Creator Record: Putnam, Brenda". Brookgreen Gardens.

Os documentos de Brenda Putnam consérvanse na Universidade de Syracuse e o Instituto Smithsoniano conta cunha colección de fotografías das súas obras."Putnam, Brenda, 1890-1975, artist". Photograph Study Collection. American Art Museum. Smithsonian Institution.

Premios e recoñecementos Putnam expuxo na Exposición Internacional de Arte e Historia de Roma de 1911."Putman, Brenda". En Leonard, J. W. Woman's Who's Who of America: A Biographical Dictionary of Contemporary Women of the United States and Canada, 1914-1915. American Commonwealth Co. Páxina 666. A partir dese mesmo ano foi habitual a súa participación nas exposicións da Academia Nacional de Deseño, onde o seu Sea Horse Sundial gañou o Premio Barnett en 1922, e Mid-Summer acadou a Medalla de Ouro Waltrous en 1935. Tamén expuxo na National Sculpture Society en 1916,National Sculpture Society / Buffalo Fine Arts Academy (1916). Catalogue of an exhibition of contemporary American sculpture held under the auspices of the National Sculpture Society; June 17-October 2, 1916. Cornell University Library. 1923,Exhibition of American Sculpture Catalogue, 156th Street of Broadway New York, The National Sculpture Society, 1923. Páxina 201. 1929 Society National Sculpture (1929). Contemporary American Sculpture: The California Palace of the Legion of Honor, Lincoln Park, San Francisco, April to October, MCMXXIX. Kalkhoff Company. e 1940.Whitney Museum of American Art (1940). Exhibition of sculpture under the auspices of the National Sculpture Society: open to the public April 3 to May 2, 1940 ... at the Whitney Museum of American Art. Whitney Museum of American Art. Water-Lily Baby recibiu unha mención honorífica na exposición anual do Instituto de Arte de Chicago de 1917.Thirtieth Annual Exhibition of American Paintings and Sculpture. Art Institute of Chicago, 1917. Expuxo regularmente na Academia de Belas Artes de Pensilvania entre 1910 e 1944, e gañou a Medalla de Ouro Widener de 1923 por Sea Horse Sundial.Falk, P. H. ed .(1989). The Annual Exhibition Record of the Pennsylvania Academy of the Fine Arts, Volume 2. Sound View Press. Páxina 379. ISBN 978-0932087058 En 1923 gañou tamén o premio de escultura da Asociación Nacional de Mulleres Pintoras e Escultoras. Fountain for a Formal Garden obtivo en 1924 o Premio Avery da Liga Arquitectónica de Nova York."Architectural Exhibition; Brenda Putnam Wins Avery Prize as Annual Show Opens". En The New York Times. 3 de febreiro de 1924.