Thomas Gatch Melish, nado en Ohio o 28 de outubro de 1876 e finado en Cincinnati o 15 de febreiro de 1948, foi un home de negocios e coleccionista numismático estadounidense.
Traxectoria Thomas G. Melish naceu en Ohio en 1876, fillo de Sara Hiss Gatch (1854-1916) e do coronel William Bromwell Melish (1852-1927).Smith, P. (2002). Páxinas 1.317."Thomas Gatch Melish". Geni.com"Thomas Gatch Melish". Findagrave.com
Melish cursou estudos superiores de Dereito na Universidade de Cincinnati. Posteriormente foi socio e presidente do consello de administración durante 25 anos da Bromwell Wire Goods Company, unha empresa fundada en 1819 polo seu bisavó, Jacob Bromwell.
Foi coleccionista numismático e un coñecido promotor e comercializador de moedas estadounidenses de carácter conmemorativo. Está considerado como exemplo dos abusos ao programa de emisións conmemorativas da Casa da Moeda dos Estados Unidos durante a década de 1930. Melish creou ad hoc senllas entidades —presumiblemente sen ánimo de lucro— destinadas á promoción do medio dólar conmemorativo do Centro Musical de Cincinnati e do medio dólar do Centenario de Cleveland, ambos de 1936, de cuxa comercialización se encargou e coa que acadou importantes beneficios.Smith, P. (2012).Bowers, Q. D. (1991). Páxinas 329-341.
Melish foi membro e presidente do consello de goberno da Asociación Numismática de Cincinnati. Tamén pertenceu á American Numismatic Association, para cuxa vicepresidencia se postulou nas eleccións de 1940, mais a súa candidatura foi derrotada pola de Harvey L. Hansen.Smith, P. (2002). Páxinas 1.318.
A súa colección numismática persoal foi vendida polo comerciante Abe Kosoff, nunha poxa pública que tivo lugar en Indianapolis durante a convención anual da Central States Numismatic Society, entre os días 27 e 29 de abril de 1956.The Numismatist. Vol. 69. Nº 2. Febreiro de 1956. Páxina 211.
En 1904 casou con May Lawson McClung.
Melish faleceu de pneumonía en Cincinnati o 15 de febreiro de 1948 aos 71 anos, e foi soterrado no cemiterio do condado de Hamilton, na mesma cidade.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Bowers, Q. D. (1991). Commemorative Coins of the United States: A Complete Encyclopedia. Bowers and Merena Galleries, Wolfeboro. ISBN 0-943161-35-5 Smith, P. (2002). "Melish Distributed Commemorative Halves". En The Numismatist. American Numismatic Association. Vol. 115. Nº 11. Novembro. Páxinas 1.317-1.318. Smith, P. (2012). "Thomas G. Melish". En American Numismatic Biographies. Páxina 288.
Categoría:Nados en 1876 Categoría:Finados en 1948 Categoría:Nados en Ohio Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Empresarios dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade de Cincinnati Categoría:Coleccionistas Categoría:Finados por pneumonía