Luis Otero Bobillo, nado en Sandiás e finado en Piñeira de Arcos en marzo de 1981, foi un mestre, escritor e político galego.

Traxectoria Mestre interino do Mosteiro (Xinzo de Limia) en 1936, foi mobilizado e combatiu na guerra.La Región, 22-1-1937, p, 2. Ao rematar a guerra reincorporouse como mestre na escola de Lamas.La Región, 24-8-1939, p, 3. Aprobou as oposicións de Maxisterio en 1942. En 1946 foi destinado a Vilar de Santos.El Correo Gallego, 30-7-1946, p. 4. En 1954 trasladouse a Oímbra.La Región, 10-8-1954, p. 2. No franquismo foi alcalde de Oímbra nos anos cincoenta. Mestre da Corga foi nomeado alcalde de Sandiás o 11 de agosto de 1969, permanecendo no cargo ata as primeiras eleccións democráticas.

Escribiu contos e colaborou en Sonata Gallega. Foi galardoado co premio nacional Luis María Sobredo en 1961.La Región, 17-11-1961, Foi correspondente de La Región en Sandiás. Finou en Piñeira de Arcos en marzo de 1981."La democracia maestra de Luis Otero Bobillo", La Voz de Galicia, Ourense, 31-3-1981, p. 23.

Obras Cinco cuentos y nada más, 1947,

Vida de Santa Marina en romances, 1950.

Vida persoal Casou con Benita Quintas Santana e foi pai de Luis Otero Quintas.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Luis Otero Bobillo, Ben Cho Sey e a Comisión de Toponimia no seo da galeguista Agrupación Cultural Auriense, decisivos no cambio do castelanizado «Sandianes» ao galego «Sandiás»

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá

Categoría:Alcaldes de Oímbra Categoría:Alcaldes de Sandiás Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Sandiás

Categoría:Finados en 1981