The Glands foi unha banda estadounidense de indie rock procedente de Athens, Xeorxia. O grupo autoeditou o seu primeiro álbum, Double Thriller, en 1996 e Bar/None Records reeditouno en 1998. O seu segundo traballo, The Glands, apareceu no ano 2000 a través do selo Capricorn Records e foi reeditado por Velocette Records en 2001.

O seu son lembra a distintas influencias como The Kinks, The Who e The Rolling Stones. O seu tema "Livin' Was Easy" apareceu no DVD Let America Laugh do cómico David Cross. A banda reuniuse para unha curta xira a finais de 2011, realizando varios concertos con Yo La Tengo.

Ross Shapiro, vocalista, guitarrista e fundador de The Glands, morreu en marzo de 2016 ao 53 anos de cancro de pulmón. Tras a morte de Shapiro, os membros superviventes Joe Rowe (batería) e Derek Almstead (baixo), xunto co produtor David Barbe, continuaron traballando no terceiro álbum do grupo, Double Coda, editado en 2018 por New West Records.

Discografía

Álbums ÁlbumAnoSeloNotasDouble Thriller1996autoeditadoreeditado en 1998 por Bar/None RecordsThe Glands2000Capricorn Recordsreeditado en 2001 por Velocette RecordsDouble Coda2018New West Records

Recompilatorios ÁlbumAnoSeloI Can See My House From Here2018New West Records

Notas

Categoría:Grupos musicais de Athens, Xeorxia Categoría:Grupos musicais de indie rock