Intermediate eXperimental Vehicle ou IXV é un vehículo experimental de tipo corpo sustentador da Axencia Espacial Europea.

Características IXV é unha nave experimental para probar tecnoloxías asociadas á reentrada atmosférica. Ten forma de corpo sustentador de 5 m de longo, 1,5 m de alto e 2,2 m de ancho, maximizando o volume interno para acoller experimentos e sensores. Entre as tecnoloxías que tiñan que ser validadas por IXV estaban:

Aeotermodinámica: validación do deseño de IXV e as ferramentas usadas para construílo e deseñalo, así como validación dos modelos de reentrada e comportamento dos gases arredor do vehículo a velocidades hipersónicas. Guiado de navegación e control: mellora dos algoritmos de guiado, acoplamento entre medidas de navegación intercial e GPS, estudar a combinación de flaps e propulsores para o control de voo, estudar os problemas de guiado e control na fase de voo hipersónico durante a reentrada. Protección térmica e estruturas quentes: validación do rendemento de voo en canto aos materiais de protección térmica e solucións de deseño complexo, como xuntas de expansión, selos, etc.

IXV foi lanzado a bordo dun foguete Vega o 11 de febreiro de 2015 desde o Centro Espacial de Kourou, na Güiana Francesa, amarando no océano Pacífico, onde foi recuperado.miniatura|Un modelo de IXV cos flotadores para recuperalo do océano.|centro Notas

Véxase tamén

Outros artigos Vega (foguete)

Categoría:Astronáutica