miniatura|Jokerit celebra o seu primeiro campionato finlandés na primavera de 1973. O capitán Timo Turusta conta co apoio de Pentti Hiiros e Timo Kyntölä (á dereita). Á esquerda está Kari Kinnunen. O club de hóckey sobre xeo Jokerit de Helsinqui foi fundado en 1967. O construtor de Helsinqui Aimo Mäkinen mercou as operacións de hóckey sobre xeo do club deportivo Töölön Vesa, nacendo así o novo club Jokerit.
Logo do seu nacemento os Jokerit ascenderon axiña á cima nacional ao gañar o campionato finlandés en 1973. Con todo, a mediados da década o éxito decaeu. O club pasou por dificultades económicas, e dende finais da década de 1970 ata a última metade da década de 1980 tivo que loitar case sempre polo seu lugar na liga. Finalmente, na primavera de 1987 o equipo descendeu á I-divisioona. No outono de 1989 regresou á liga, mais o club estaba practicamente en quebra. Baixo o liderado dun novo propietario, Harry Harkimo, o equipo ascendeu de novo ao máis alto, gañando catro campionatos finlandeses e unha prata na década de 1990. Co novo milenio o éxito reducirse, aínda que volveu gañar o campionato en 2002, a prata nos anos 2000, 2005 e 2007, e o bronce en 2012. Entre os anos 2014 e 2022 os Jokerit xogaron na KHL, logo do cal tentan regresar á máxima categoría finlandesa.
Ao longo da súa historia o equipo ten gañado en total seis campionatos finlandeses, seis pratas e dous bronces. Ademais ten conseguido, entre outros, dous campionatos da Copa de Europa, e un da Copa Continental. Na KHL os Jokerit conquistaron o título de división on ano 2016.
Do Töölön Vesa aos Jokerit: 1967–1969 miniatura|Os Jokerit foron precedidos polo Töölön Vesa. Na imaxe os xogadores Veikko Haapakoski, Pentti Simola e Kai Halimo entre os anos 1955 e 1964. miniatura|O fundador dos Jokerit Aimo Mäkinen. As raíces dos Jokerit de hóckey sobre xeo atópanse no Töölön Vesa, cuxa primeira tempada na máxima categoría foi a 1955-56. Na década de 1960 a categoría do Vesa variou entre a SM-sarja e a Suomensarja. A finais de febreiro de 1967 Vesa perdeu fronte o HIFK o desquite polo ascenso á SM-sarja. As débedas do club ascenderon ata os 80 000 marcos finlandeses. A actividade no hóckey sobre xeo especialmente exerceu presión sobre a economía, polo que no club comezaron as discusións sobre o seu fin. O Vesa dirixiu as actividades xuvenís máis extensas en Helsinqui, polo que o seu fin ou a súa fusión con outros clubs da capital non se considerou unha boa idea.
Na década de 1960 o Töölön Vesa atravesou problemas económicos. O construtor de Helsinqui Aimo Mäkinen mercou o equipo de hóckey sobre xeo do Töölön Vesa en 1967, fíxose cargo de parte das débedas do club e ao mesmo tempo fundou os Jokerit de Helsinqui. Mäkinen quería outro equipo de hóckey sobre xeo exitoso na capital ademais do HIFK.
Para decidir o nome do novo equipo reuníronse varias persoas. Ao principio houbo varias ideas, como os "Ritarit" (en galego "cabaleiros") e o Helsinki Hockey-Team, mais finalmente ao xerente de departamento de Veikkaus e director deportivo do Vesa Raimo Kähkösen ocorréuselle o nome "Jokerit". A el gustáballe o nome do novo equipo de Pori, os Ässät (en galego "ases"). Cando procuraba un nome para o novo equipo considerou que o comodín (en finés "jokeri") era unha carta mellor que o as de picas. Tamén atopou un exemplo do logotipo do club nunha baralla de cartas. Con todo, houbo un par de contratempos relacionados co nome, xa que a sociedade de pelota Jokerit de Käpylä e a fábrica de pinturas Tikkurila chamada Jokeri-maali encontrábanse no rexistro de sociedades. Con todo, a actividade dos Käpylän Jokerit cesara moito tempo atrás, e a fábrica de pinturas Tikkurila comezou a patrocinar o novo club.
O construtor e antigo presidente do Helsingin Pallo-Toverit Aimo Mäkinen intentara unir o pesäpallo da capital baixo un mesmo teito, mais non tivera éxito. Mäkinen comezou a interesarse pouco a pouco polo hóckey sobre xeo, cuxa popularidade en Helsinqui estaba a medrar, e xa axudara ao Vesa da modalidade durante algúns anos. A economía do Vesa estaba en crise, polo que a xunta directiva do equipo e Mäkinen reuníronse a finais de outubro de 1967. Mäkinen prometeu pagar a metade da débeda do club a condición de que os equipos representativo e júnior de hóckey foran transferidos ao novo club de hóckey creado por el. Mäkinen quería que en Helsinqui houbese outro club exitoso de hóckey ademais do HIFK. A dirección do Vesa aprobou o acordo, e mesmo os xogadores acordaron mudarse ao novo club que aínda non tiña nome. Polo que o xogador estrela Timo Turunen, que xa adestrara co HIFK no verán, continuou no equipo. O mozo equipo de Vesa mantívose unido, o que lle deu ao novo club un bo punto de partida dende o punto de vista deportivo.
As operacións dos Jokerit comezaron oficialmente o 27 de outubro de 1967, cando se celebrou a reunión fundacional. Na reunión estaban Mäkiinen e o "pequeno consello", entre os que se encontraban os mestres pintores Eino Syrjänen e Reino Vilen, así como o xerente financeiro Keijo Tamminen. Mäkinen anunciou que construiría un novo gran club en Helsinqui, pero que non adquiriría xogadores do HIFK. A visión era que co tempo todos os xogadores dos Jokerit foran produto da actividade xuvenil do propio equipo, o que requiriría dun inicio a grande escala co hóckey xuvenil. Os Jokerit comezaron a desenvolverse a partir das actividades do Vesa.
O novo equipo anunciouse ao público o 6 de novembro, cando o xornal en lingua sueca Nya Pressen publicou unha nova ao respecto:
O primeiro adestrador dos Jokerit, Jorma Salmi, avogaba por un xogo defensivo estrito e de contraataque rápido, e esixía aos xogadores unha disciplina de adestramento máis estrita que antes. O primeiro partido dos Jokerit tivo lugar o 10 de novembro de 1967, cando xogou un partido amigable contra o Upon Pallo, un equipo que xogaba na máxima categoría, a SM-sarja. Os xogadores disputaron o partido coas camisolas do Vesa, xa que os novos uniformes de xogo aínda non estaban listos. O partido finalizou coa vitoria dos Jokerit 4–3. O primeiro gol da historia do equipo foi obra de Olli J. Hietanen.
Durante as súas dúas primeiras tempadas os Jokerit competiron na segunda categoría, a Suomensarja. Antes do inicio da tempada 1967-68 os Jokerit eran, xunto co Lukko de Rauma, os máximos favoritos da liga. O primeiro partido do equipo na tempada foi como visitante fronte os Karhu-Kissoja o 23 de novembro de 1967. No partido o equipo conseguiu unha vitoria a domicilio por 7-1 e Timo Neira marcou o primeiro gol do equipo en liga, mentres que Osmo Kuusisto foi o primeiro xogador penalizado. O Lukko gañou a liga sen perder ningún partido, mentres que os Jokerit finalizaron na segunda posición con oito puntos menos que o equipo de Rauma. O xogador máis eficaz dos Jokerit foi Timo Turunen, que anotou 18 puntos en 12 partidos (13 goles e 5 asistencias). Despois da tempada Jorma Salmi converteuse no adestrador do HIFK da SM-sarja.
miniatura|Os Jokerit celebrando o ascenso á SM-sarja na primavera de 1969. O único obxectivo da tempada 1968-69 era o ascenso de categoría, xa que as finanzas do club non poderían soportar unha terceira tempada a nivel de liga inferior. O equipo reforzouse respecto da tempada anterior, e entre os novos xogadores chegou o defensa do Tappara Antti Perttula. Ao principio da tempada Martti Sarlin fíxose cargo da dirección do equipo, con todo axiña tivo que deixar o posto a causa das queixas dos xogadores polo adestrador, que lles berraba instrucións cun megáfono. Ao adestrador da tempada anterior, Jerry Salmi, non llee gustou o rival local e regresou aos Jokerit. Con todo, logo de Sarlin o posto de adestrador recaeu en Jorma Kyntölä. O historial do club tamén estivo influenciado por Gustav Bubník, que analizou os partidos xunto con Kyntölä.
O sistema de competición mudou na tempada 1968-69, na que os dous mellores equipos dos grupos da Suomensarja cualificáronse para a serie de cualificación e ningún equipo ascendeu de xeito directo. Os Jokerit chegaron á serie de cualificación como campións do grupo sur. O segundo clasificado foi o TPS, que co mesmo número de puntos tivo que conformarse coa segunda posición a causa da súa menor diferenza de goles. No primeiro partido da serie de cualificación os Jokerit derrotaron ao Kiekko-Pojat de Mänttä 1-2. Nos seguintes partidos caeron fronte o JoKP e o TPV. O partido fronte o TPS foi considerado decisivo para o ascenso. Na serie preliminar os partidos entre ambos equipos finalizaran con empate 3-3. No partido da serie a defensa da liña integrada por Neira–Hietanen–Kari Puolimatka anulou completamente a primeira liña do TPS liderada por Juhani Wahlsten. Os Jokerit gañaron o partido 2-3. No derradeiro partido da serie de cualificación o equipo derrotou o Hilpara e asegurou así o ascenso.
Primeira categoría e primeiro campionato: 1969–1973 miniatura|Lauri Mononen foi unha das fichaxes máis famosas de Aimo Mäkisen para a primeira tempada dos Jokerit no campionato finlandés, a 1969–70. A primeira tempada dos Jokerit na SM-sarja foi a 1969-70. Aimo Mäkinen comezara unha construción de equipo sen precedentes, e o equipo recibiu numerosos reforzos para a súa primeira tempada na máxima categoría. Mäkinen tiña o costume de ofrecerlles aos xogadores cartos directamente ata a sinatura do contrato. Ao equipo uníronse, entre outros, xogadores da selección finlandesa como Veli-Pekka Ketola, Henry Leppä, Erkki e Lauri Mononen así como o defensa Ilpo Koskela. Outros dos xogadores que chegaron foron Timo Sutinen, Pertti Nurmi, Alpo Suhonen e Pertti Arvaja. Eero Holopainen chegou do HIFK e converteuse no porteiro, mentres que como adestrador, pechando a operación chegou do Upon Pallo Aulis Hirvonen. Os xogadores que tiveron unha actuación máis salientable foron Turunen e Ketola, que finalizaron nos postos cuarto e quinto da clasificación de puntuadores da SM-sarja. Os xogadores procedían de distintos equipos, e na segunda metade da tempada o equipo uniuse e finalizou na quinta posición ao final da tempada.
Ao mesmo tempo que se construía o equipo representativo, os Jokerit organizaron a Kanada-sarja no leste de Helsinqui, dirixida aos xogadores novos do propio club. A idea xurdiu do sistema similar que estaba a levar a cabo o Ilves en Tampere, e varios xogadores destacados do club comezaron a súa afección polo hóckey na Kanada-sarja. A competición comezou en 1969. O soño de Aimo Mäkinen era facer medrar todo o equipo representativo a partir dos propios xogadores júnior do equipo, o que nunca se fixo realidade. Con todo, a Kanada-sarja para xogadores júnior axiña deu resultados: o equipo D-júnior gañou o campionato finlandés na primavera d 1973 e os equipos de nenos B,C e E na tempada 1975–1976. O seu forte e sistemático traballo cos rapaces novos axudou aos Jokerit a conseguir seareiros, especialmente entre a xente nova.
Logo da primeira tempada na SM-sarja o equipo mudou moito, xa que marcharon Ketola, Suhonen, Perttula e o duro defensor Osmo Kuusisto. Na tempada 1970-71 os Jokerit adquiriron outro xogador destacado cando Seppo Repo uniuse ao equipo en parte para suplir a Ketola, que regresara aos Ässät. Aos Jokerit chegou tamén Jouko Öystilä, que xogara como parella defensora de Ilpo Koskela na selección finlandesa. O hóckey sobre xeo volvérase máis físico, o que nunca beneficiou aos xogadores rápidos e áxiles dos Jokerit. O equipo necesitaba un estilo de xogo gañador, e o novo adestrador Matti Lampainen achegou a característica habilidade co disco dos Jokerit. O equipo patinou duro, moveu o disco rápido e explotou os seus puntos fortes. Durante a tempada os Jokerit estiveron preto do seu primeiro campionato finlandés. Gañaron a liga regular, mais xogaron mal durante a fase final, rematando tan só quintos. Na clasificación final, os Ässät proclamáronse campións, mentres que os Jokerit finalizaron segundos.
miniatura|Timo Sutinen nun partido fronte o HIFK en 1971.