A lingua paiute do sur, tamén coñecida como lingua númica do río Colorado, ute, paiute do sur-ute ou ute-chemehuevi, é unha lingua númica da familia uto-azteca falada polo pobo paiute nos Estados Unidos de América. É un continuo dialectal que se estende dende o sueste de California até Colorado.Mithun (1999:542) Os dialectos individuais son Chemehuevi, que está en perigo de extinción, o paiute do sur (subdialectos de Moapa, Cedar City, Kaibab e San Juan) e o ute (subdialectos de Utah central e setentrional, White Mesa e meridional). De acordo con Ethnologue, había algo menos de dous mil falantes da lingua númica do río Colorado en 1990, ou arredor do 40% da poboación étnica de 5.000 habitantes. O paiute do sur está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Ute Bibliografía

Bunte, Pamela A. (1979). "Problems in Southern Paiute Syntax and Semantics," Indiana University Ph.D. dissertation. Charney, Jean O. (1996). A Dictionary of the Southern Ute Language. Ignacio, Colorado: Ute Press. Givón, Talmy (2011). Ute Reference Grammar. Culture and Language Use Volume 3. Amsterdam: John Benjamins Publishing Company. Laird, Carobeth (1976). The Chemehuevis. Banning, CA: Malki Museum Press. Mithun, Marianne (1999). Languages of Native North America. Cambridge: Cambridge University Press. Press, Margaret L. (1979). Chemehuevi, A Grammar and Lexicon. University of California Publications in Linguistics Volume 92. Berkeley, CA. University of California Press. Sapir, Edward (1930). Southern Paiute, a Shoshonean Language. Reprinted in 1992 in: The Collected Works of Edward Sapir, X, Southern Paiute and Ute Linguistics and Ethnography. Ed. William Bright. Berlin: Mouton deGruyter. Sapir, Edward (1931). Southern Paiute Dictionary. Reprinted in 1992 in: The Collected Works of Edward Sapir, X, Southern Paiute and Ute Linguistics and Ethnography. Ed. William Bright. Berlin: Mouton deGruyter.

Categoría:Pobo paiute Categoría:Linguas aglutinantes Categoría:Linguas númicas Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América