Joaquín Fugarolas Marbán, nado en Lugo o 30 de novembro de 1896 e finado en Cidade de México o 5 de xullo de 1967, foi un gandeiro e político galego.
Traxectoria Gandeiro, exportador de gando vacún. Membro da Sociedad de Oficios Varios da UGT dende novembro de 1930 e afiliado á Agrupación Socialista de Lugo. Foi elixido concelleiro de Lugo na repetición das eleccións municipais o 31 de maio de 1931.La Voz de la Verdad, 2-6-1931, p. 8. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba en Lugo de onde puido fuxir embarcando á Habana desde onde se trasladou a Valencia e despois a Barcelona. Prestou servizo no Ministerio de Agricultura e na Subsecretaría de Armamento. Finalizada a guerra exiliouse en Francia cruzando a fronteira por Le Perthus o 9 de febreiro de 1939. Estivo internado no campo de concentración de Saint Cyprien ata o 13 de xullo que embarcó no Mexique no porto de Pauillac (Gironde) rumbo a México, chegando a Veracruz o 27 de xullo. Residiu en Cidade de México onde foi conserxe do Instituto Hispano-Mexicano Ruiz de Alarcón. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en outubro de 1943.BOP Lugo, 11-10-1943, p. 2.
Vida persoal
Casou en Lugo con Mercedes Soilán Carreirá.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Registro Nacional de Extranjeros en México
Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Concelleiros de Lugo Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Exilio galego
Categoría:Galegos de México
Categoría:Nados en Lugo
Categoría:Nados en 1896
Categoría:Finados en 1967