Manuel Mosquera Lequerica, nado en Bilbao cara a 1846 e finado en Melide en maio de 1923, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Foi deputado provincial de Lugo polo distrito de Chantada en 1871. Militante do rexionalismo federalista da segunda metade do século dezanove, estivo afiliado ao Partido Republicano Federal de GaliciaMáiz (2006), p. 35 e foi presidente honorario do Partido Republicano de Melide en 1884.La Voz de Galicia, 2-6-1884 Foi detido en Lugo en setembro de 1886.La Voz de Galicia, 22-9-1886, p. 3. Conxuntamente con Aureliano Pereira e Modesto Moyrón, foi nomeado membro da comisión encargada, xunto a Moreno Barcia, da redacción do Proxecto de Constitución para o futuro Estado Galego, texto clave do federalismo en Galicia, discutido e aprobado na Asemblea de Lugo do 2 ao 7 de xullo de 1887. Foi presidente do Comité Rexionalista de Lugo en 1891,Gaceta de Galicia, 24-2-1891, p. 2. e presidente do comité federal da provincia en 1897.El Liberal, 25-5-1897, p. 1. Presidiu o Congreso Agrícola Ganadero de Lugo de 1905.El Diario de Pontevedra, 16-10-1906, p. 1-2.
Redactor de El Regional, publicou en El Ciudadano un estudo sobre Giordano Bruno que provocou unha amoestación do bispado lucense,La Voz de Galicia, 13-11-1889, p. 1.Almanaque Gallego 1927, p. 22. e colaborou en La Idea Moderna. Foi membro correspondente da Real Academia Galega. Finou en Melide en maio de 1923.La Voz de la Verdad, 13-5-1923, p. 3.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Máiz, Ramón; Martínez Eiras, Esther (2006). "Aureliano Pereira. Escritos sobre Federalismo e Galeguismo" A Coruña: Xunta de Galicia (CIRP). ISBN 978-84-453-4302-9.
Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Deputados provinciais de Lugo Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Nados en Bilbao
Categoría:Nados en 1846
Categoría:Finados en 1923