Héctor José Pena Taboada, nado en Santiago de Compostela o 14 de setembro de 1985, é un xornalista, escritor e historiador galego. Traxectoria

Xornalista, historiador e doutor en Turismo Deportivo na Universidade de Vigo. Foi o responsable da sección de Deportes en Nós Diario. e colaborou en múltiples medios de comunicación como DXT Campión, Xornal de Galicia, O Dez ou Mundiario, ao mesmo tempo que escribía libros sobre a historia do fútbol galego como "Historia del Trofeo Teresa Herrera" ou "Os nosos: futbolistas e adestradores que defenderon as cores do Celta e do Deportivo". Paralelamente, colaborou con organizacións que traballan a favor da memoria histórica como a Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática e a Fundación Castelao.

En 2021 foi o comisario da mostra itinerante sobre deporte galego Galiza, un pobo, unha selección, escribindo ademais o guión do documental e dirixindo a revista e o xornal homónimos. Tamén foi un dos promotores da Iniciativa Lexislativa Popular que en 2021 demandou a oficialidade das seleccións deportivas galegas. En 2024 foi finalista dos Premios Follas Novas do Libro Galego polo libro "Historia do fútbol feminino en Galicia. De Irene González a Vero Boquete".

Obras Narrativa

A Pioneira (2023). Edicións Xerais. 216 páxs. ISBN 978-84-1110-324-4. ePub: ISBN 978-84-1110-348-0. Ensaio Historia del Trofeo Teresa Herrera (2015). Deputación da Coruña.

Os nosos: futbolistas e adestradores que defenderon as cores do Celta e do Deportivo (2017).

Historia do fútbol feminino en Galicia. De Irene González a Vero Boquete (2023). Vigo: Galaxia. (DEP)or: A etapa negra do Deportivo (2010-2026) (2026). Menino Morreu. Obras colectivas O libro do camiño inglés (2014). Deputación da Coruña.

Galiza, un pobo, unha selección (2021). Vía Galega . A gran final. Contos e contas do fútbol galego (2024). Positivas. Recoñecementos En 2023 gañou o XX Premio de xornalismo Johán Carballeira pola súa reportaxe "Historia Inacabada do Deporte Galego", publicada en Nós Diario. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Artigos de Héctor Pena en Nós Diario.

Categoría:Nados en 1985 Categoría:Xornalistas de Santiago de Compostela Categoría:Xornalistas deportivos Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo