A diftamida é un aminoácido especial resultado da modificación postraducional dunha histidina, que se encontra no factor de elongación eucariota 2 (eEF-2) e no arqueano, factor que é necesario para a síntese de proteínas.
Estrutura A diftamida propúxose que é a 2-[3-carboxiamido-3-(trimetilamonio)propil]histidina. Aínda que esta estrutura foi confirmada por cristalografía de raios X, a súa estereoquímica non é moi segura.
Función biolóxica
A diftamida asegura a fidelidade de tradución.
A presenza de diftamida afecta ás vías do NF-κB ou do receptor de morte.
Biosíntese
A diftamida biosintetízase a partir da histidina e a S-adenosil metionina.
Notas
Categoría:Aminoácidos Categoría:Imidazois Categoría:Compostos de amonio cuaternario Categoría:Modificacións postraducionais Categoría:Zwitterións