Guillermo Quintana Pardo, nado cara a 1883 e finado na Coruña o 25 de setembro de 1969, foi un militar e político galego.
Traxectoria Fillo de Julián Quintana Cuesta, capitán de Infantaría de Mariña, e Encarnación Pardo Filgueira. Estudou na Academia de Infantaría. Estivo destinado nas Canarias e en Lugo. Comandante de Infantaría retirado, na República foi profesor de Matemáticas no colexio da Fundación Fernando Blanco de Cee.Vicente Mejuto Leis: la vuelta de un represaliado a casa Foi nomeado concelleiro de Cee polo gobernador civil en novembro de 1934 na corporación presidida por Argimiro Guillén Cereijo.El Ideal Gallego, 21-11-1934, p. 4.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado polo gobernador civil delegado civil de Cee.BOP A Coruña, 14-8-1936, p. 2. Combatiu na guerra. Ascendido a coronel, foi destinado ao Rexemento Mixto de Infantaría de Máquinas de Acompañamento 88 en Ourense e foi gobernador militar da praza e provincia de Ourense en decembro de 1940.La Región, 17-12-1940, p. 1. Ascendido a xeneral de brigada, foi nomeado xefe da 52 División de Infantaría de Montaña en 1946.La Noche, 12-3-1946, p. 1. Finou na Coruña o 25 de setembro de 1969 con 86 anos.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 26-9-1969, p. 4.
Recoñecementos
Cruz de San Hermenegildo en 1931. Vida persoal
Casou en Ferrol con Enriqueta Lacaci García en 1913,La Región, 4-5-1913, p. 3. e foi pai de María Victoria, Guillermo, María Reyes, Enriqueta e Luis Antonio Quintana Lacaci. Notas
Categoría:Militares de Galicia Categoría:Alcaldes de Cee Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en 1883
Categoría:Finados en 1969 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes