As delta-cateninas son dúas proteínas, chamadas delta-1-catenina e delta-2-catenina membros da subfamilia das proteínas con dez repeticións armadillo. A delta-2-catenina exprésase no cerebro, onde é importante para o desenvolvemento cognitivo normal. Igual que a beta-catenina e a gamma-catenina, as delta-cateninas parecen interaccionar coas presenilinas. Esta interacción catenina-presenilina ten implicacións para a función da cadherina e a regulación da adhesión célula-célula.

Aínda que a beta-catenina actúa como unha proteína reguladora da transcrición na vía Wnt/TCF, a delta-catenina 1 parece ser un regulador do factor de transcrición NF-κB.

A palmitoilación da delta-catenina parece coordinar cambios dependentes da actividade en moléculas de adhesión sinápticas, estrutura da sinapse e localizacións de receptores que están implicados na formación da memoria.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Catenina CTNND1

Categoría:Cateninas