Radio Noroeste foi unha cadea radiofónica galega existente entre 1983 e 1996. Historia Noroeste de Radiodifusión S.A. foi unha empresa que tivo como socios fundadores a Xerardo Rodríguez Rodríguez, Jesús Lorenzo, Juan Miguel Diz Guedes e Faro de Vigo S.A. Pretendía artellar unha rede privada de radio galega que emitise en galego e castelán con produción propia as 24 horas. Os estudios centrais estaban no número 22 da rúa Príncipe de Vigo e emitía en Lalín, Verín, Ponteareas, A Estrada e na ría de Vigo. O primeiro director foi Xerardo Rodríguez, sendo logo substituído por Javier Sánchez de Dios, Juan Carlos Goñi e Jesús Lorenzo.

A falta de concesións fixo inviable o obxectivo de articular unha cadea a nivel galego, polo que acadou un acordo con Cadena Ibérica para emitir parte da súa programación. Algúns programas senlleiros de Radio Noroeste foron: "Mediodía en punta", "La espuela", "A noite é nosa", "En liña... Paco Vedra", "Matinal Noroeste" ou "Club Noroeste".

As emisoras de Radio Noroeste foron vendidas en 1996 por RadioVoz e pasaron a retransmitir a sintonía desa empresa. Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Emisoras de radio de Galicia Categoría:Medios de comunicación de Vigo