John F. Flanagan, nado en Newark, Nova Jersey, o 4 de abril de 1865 e finado en Manhattan, Nova York, o 28 de marzo de 1952, foi un escultor, medallista e deseñador de moeda estadounidense.
A súa obra máis recoñecida é o cuarto de dólar Washington, aparecido en 1932 e cuxo anverso se mantivo, con algunhas modificacións, ata 2021.
Traxectoria John Flanagan era fillo do escultor de mármore George Flanagan, de quen aprendeu o manexo do cicel.Bjornstad, W. "John Flanagan". En Findagrave.com Asistiu á Cooper Union de Nova York entre 1880 e 1882, onde aprendeu a modelar ornamentación arquitectónica, e tamén traballou para a Perth Amboy Terra Cotta Company.Tolles, T. (2001). "John Flanagan (1865-1952)". En American Sculpture in the Metropolitan Museum of Art: A catalogue (II). The Metropolitan Museum of Art, Nova York. Páxina 467. ISBN 0-87099-923-0
Posteriormente foi axudante de Paul Wayland Bartlett en Boston e de Augustus Saint-Gaudens, en Nova York,Bénézit, E. (1939). Dictionaire des peintres, sculpteurs, dessinateurs et graveurs. II. Gründ, París. 1939. Páxina 293. entre 1885 e 1888. Alí asistiu a clases nocturnas na Art Students League, onde tomou clases de George de Forest Brush.
Da súa estreita relación artística con Saint-Gaudens, que fora alumno de François Jouffroy, Flanagan herdou o estilo francés e formou parte da xeración de escultores que o promoveron nos Estados Unidos. A amizade con Saint-Gaudens viuse reflectida nun busto seu de bronce creado por Flanagan en 1924, que se expón na Universidade de Nova York."Augustus Saint-Gaudens, by John Flanagan". The Metropolitan Museum of Art (Metmuseum.org). "John Flanagan, US Coin Designer and Engraver". USA Coin Book (www.usacoinbook.com)
Cara ao ano 1890 marchou unha tempada a París, onde Saint-Gaudens tiña moitos amigos, que lle serviron de axuda. Alí Flanagan estudou con Henri Chapu na Académie Julian. Tamén frecuentou a Académie Colarossi e, posteriormente, asistiu ao obradoiro de Alexandre Falguière na Escola de Belas Artes de París,Smith, P. (2012). na que se matriculou en 1891. Nesa cidade expuxo tamén no Salon des Artistes Français en 1899.
miniatura|260x260px|Reloxo monumental na Biblioteca do Congreso dos EEUU (1896). En 1891 axudou a Frederick William MacMonnies coa Columnian Fountain, que adornaría o espello de auga da Exposición Colombiana de Chicago de 1893.
Pouco despois, Flanagan recibiu a súa primeira encarga: a Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos elixiuno en 1893 para a construción dun reloxo monumental de bronce que terminou en 1896 e que en 1902 se instalou na sala de lectura principal do edificio Thomas Jefferson, en Washington."Clocking In". Library of Congress Blog. ISSN 2691-3631 Esta obra representa o Pai Tempo sostendo un reloxo de area, con outras figuras, e preto da parte inferior aparecen dous estudantes lendo e escribindo. O conxunto está esculpido en varios tipos de mármore, recuberto de pedras semipreciosas, e as figuras son de bronce.
En 1897 foi elixido membro destacado da comisión de artistas invitados á Exposición Universal de París de 1900. Alí presentou varias medallas que chamaron a atención dos críticos, e recibiu a medalla de prata na súa especialidade.Tolles, T. (2001).
miniatura|260x260px|Cuarto de dólar Washington, deseñado por John F. Flanagan.
Logo do seu regreso a Nova York en 1902, Flanagan iniciou unha prolífica carreira artística que durou ata mediados da década de 1930, con obras como Antique Education (1909), un altorrelevo para a Biblioteca Pública de Newark ou unha estatua de Joseph Henry para o Estado de Nova York, sita en Alamy Park, Albany (1927).
A comisión encargada das conmemoracións do bicentenario do nacemento do primeiro presidente dos Estados Unidos, George Washingnton, en 1932, escolleu uns deseños propostos por John Flanagan para a creación dunha moeda de prata dun cuarto de dólar, cuñada en 1932. Inicialmente a moeda tiña carácter unicamente conmemorativo e prevíase a súa emisión só ese ano, mais finalmente o coñecido como cuarto de dólar Washington converteuse en moeda de curso legal, emitida anualmente co mesmo deseño, en prata ata 1964 e en metal común ata 1998. Posteriormente, o anverso creado por Flanagan mantívose, con algunhas alteracións, ata 2021."George Washington Quarter". United States Mint.
miniatura|260x260px|Medalla da Batalla de Verdún (ca. 1920).Paine, F. O. (1922). Páxina 16.
Aínda que Flanagan só tivo esta experiencia como deseñador de moedas, a súa produción de medallas foi máis abundante. Unha das súas medallas máis coñecidas (1916) conmemora a batalla de Verdún na primeira guerra mundial, coa inscrición Ils ne passeront pas ("Non pasarán"), que foi un regalo dos Estados Unidos a Francia.Hassler, D. J. (1988) .
Outros dos seus traballos salientables no ámbito da medallística son a medalla da Hudson-Fulton Celebration (1909), a Medalla Aphrodite-Swift Runners (1932), a medalla conmemorativa da visita do Príncipe de Gales e a dos Cabaleiros de Colón (1920), a medalla Roston do Congreso (1913) e a medalla Pan-Pacific Award (1915), entre outras. miniatura|186x186px|Plaqueta co busto do escultor Daniel Chester French (1919).Paine, F. O. (1922). Páxina 14. Tamén realizou un bo número de plaquetas metálicas con retratos de personaxes relevantes da sociedade e da arte dos Estados Unidos, como Theodore Roosevelt, Walt Whitman, Paul Wayland Bartlett, Daniel Chester French ou J. Alden Weir.
En 1911, Flanagan ingresou na Academia Nacional de Deseño como membro asociado, e foi nomeado académico en 1928.
John F. Flanagan finou en Nova York o 28 de marzo de 1952. Foi soterrado no cemiterio Ferncliff de Hartsdale, condado de Westchester, Nova York.
Recoñecementos
1900: Medalla de prata da Exposición Universal de París. 1921: Premio Sanford Saltus de Medalla, da American Numismatic Society, de Nova York.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Hassler, D. J. (1988). "The Medals of John Flanagan ". En Stahl, A. M. The Medal in America. American Numismatic Society. Nova York. Páxinas 119-133. ISBN 978-0897222266. Hassler, D. J. (1990). "John Flanagan: an American Beaux-Arts Sculptor and Medallist". En Public Art in New Jersey during the Period of the American Renaisance. Museums Council of New Jersey. Páxinas 76-83. Paine, F. O. (1922). "John Flanagan - Sculptor and Medallist". En The International Studio, 75 Abril. Páxinas 14-16. Smith, P. (2012). "Flanagan, John F.". En American Numismatic Biographies. Páxina 146. Tolles, T. (ed.) (2001). "John Flanagan (1865-1952)". En American Sculpture in the Metropolitan Museum of Art: A catalogue (II). The Metropolitan Museum of Art, Nova York. Páxina 467. ISBN 0-87099-923-0
Categoría:Nados en 1865 Categoría:Finados en 1952 Categoría:Nados en Newark, Nova Jersey Categoría:Escultores dos Estados Unidos de América Categoría:Deseñadores de moeda dos Estados Unidos de América Categoría:Medallas Categoría:Alumnos da Cooper Union Categoría:Alumnos da Art Students League of New York Categoría:Alumnos da Académie Julian Categoría:Membros da Academia Estadounidense das Artes e das Letras